Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Castelo-Parador de Zafra
O Castelo-Parador de Zafra

Este é o castelo de Zafra, que se non lembro mal tamén é Parador.

Eu xuraría que tamén recibía o nome de Castelo do Duque de Feria. O último posuidor (agora terá outro, supoño, pero non debe ser coñecido) dese título fíxose tristemente famoso nos anos 90 por ser acusado de pedofilia. Creo que acabou suicidándose algún tempo despois. Pero xa digo, falo de memoria e sen poder aseguralo.

Zafra é unha vila interesante. Ten sobre todo unha praza maior moi chula e outra adxacente a ela aínda máis bonita. Creo que se chamaba o Patio Chico, verédelo nas seguintes fotos.

Saúdos.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0