Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Memorias dun neno labrego, de Cándido Pazó
Está Cándido Pazó viaxando o país representando un monólogo baseado en "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas. E o outro día veu representalo ao Teatro Colón da Coruña.

Está de máis dicir que o éxito foi apoteósico. Cumpríndose 50 anos da publicación da obra, e caendo a representación en mans tan expertas, non había lugar para a posible decepción.

Se tedes posibilidade de vela, non a perdades.

Saúdos.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2011 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 E logo, "Pelos na Lingua" de Talía Teatro non a viches? Merece moito a pena! Ver tal cantidade de esquechs, moitos dele#blgtk08#s vividos por todos e todas nós, onde afloran unha chea de prexuízos lingüísticos, tristemente, aínda non superados...
Comentario por Doris Dei (16-05-2011 14:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0