A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.
Onte estivo na A. C. Alexandre Bóveda Consuelo Bautista, presentadora de Radio Coruña Cadena SER, unha das voces máis populares da radio da nosa cidade. E fíxoo para inaugurar o novo ciclo "Unha canción, unha película, un libro", no que coñecidos persoeiros coruñeses ou galegos pasarán polo noso local para contarnos cales foron a canción, película e libro que máis lles marcaron na súa vida.
A estrea de onte foi unha delicia, Consuelo conseguiu adentrarnos na súa vida e nas súas afeccións, e as súas tres eleccións foron:
- Canción: falou de varias de Lluís Llach. Como ela é de orixe catalá, traduciunos varias das súas letras máis significativas, e finalmente decidiuse por "Himne per no guanyar". Aquí tedes un video da canción.
- Libro: Elixiu "Orgullo e prexuizo" de Jane Austen, falou incluso das varias versións para cine e televisión da obra. Déixovos o comezo dunha das últimas versións realizadas, creo que é unha serie da BBC para televisión.
- Película: Escolleu "Hannah e as súas irmás" de Woody Allen. Estivemos vendo algunhas das esceas ante as detalladas explicacións de Consuelo. Déixovos cun dos fragmentos máis coñecidos da mesma.