Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Viaxes O Lóstregho ao Sudoeste de Francia
Este martes 20 de xullo Viaxes O Lóstregho parte para unha nova expedición internacional. E ademais conta coa compañía dun terceiro expedicionario: o xa coñecido señor Pérez, que nos acompañou na nosa primeira viaxe ao norte de Portugal (1998) e na última viaxe internacional a Roma (2007).

Esta vez toca explorar o sudoeste de Francia. Os territorios a visitar son o País Vasco Francés (Iparralde en euskera) e os Pirineos Franceses (polo menos a súa parte máis salientable). É dicir, a metade máis occidental da fronteira franco-española.

Queríamos coller un lugar céntrico deste territorio para situar o campo base e aínda que nos gustaba máis a cidade de Pau, vímonos "case obrigados" a reservar hotel en Lourdes (que está a uns 20 ou 30 quilómetros ao sudeste). Aínda así, a situación é bastante céntrica. Hai que ter en conta que Lourdes, a pesar de ter só 15.000 habitantes, é a segunda cidade de Francia en número de hoteis (uns 270). Iso si, sacando que vaiamos dar un paseíño polas noites, non temos pensado visitar a vila, que nos trasmite moi mal rollo (non nos imos poñer aquí a falar deste tema). E ademais hai que ter en conta que os dous ou tres primeiros días da nosa estancia alí, o Tour está pasando por esta zona, así que se cadra temos algunha pequena interrupción por ese feito.

Temos moitos obxectivos para visitar:

- En Iparralde vilas como Bayonne, Biarritz, Saint Jean de Luz, Hendaye ou Sant Jean Pied de Port (a estación de Camiño de Santiago anterior a Orreaga/Roncesvalles)....

- Nos Pirineos a listaxe sería interminable, os vales de Aspe, Ossau, Gaves, Alto Garona, con vilas como Pau, picos como o Midi d'Ossau ou Midi de Bigorre, o Cirque de Gavarnie, os portos de montaña míticos do Tour (que sempre teñen unhas paisaxes incribles) como Tourmalet, Aubisque, Aspin, Luz Ardiden, Superbagneres...

Se todo vai ben (que irá) voltaremos o mércores 28 de xullo. Daquela xa vos contaremos como foi a cousa e poñeremos algunha foto dos bonitos lugares que, sen dúbida, visitaremos.

Saúdos. Viaxes O Lóstregho.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-07-2010 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0