Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
125 aniversario da morte de Rosalía de Castro |
|
Onte asistín en Santiago a un acto cultural histórico e moi fermoso. Consistíu nun cortexo cívico-reivindicativo que lembrou os 125 anos da morte de Rosalía de Castro, tamén o traslado dos seus restos de Padrón a Compostela, e que reclamou a reapertura ao público do Panteón de Galegos Ilustres. Vaiamos por partes.
En primeiro lugar, o 15 de xullo de 1885 morreu a poetisa, de aí saen os 125 anos de distancia.
En segundo lugar, uns anos despois, decidiron trasladar os seus restos do cemiterio de Adina, en Padrón, ao Panteón de Galegos Ilustres, facendo unha serie de paradas onde se leron poemas dela e se interpretaron diferentes pezas musicais. Iso intentou revivirse onte.
Onte saíu un tren chamado "Follas Novas" de Padrón a Compostela, onde viñan unhas duascentas persoas, e que foi recibido por varios centos máis que chegabamos de diferentes partes do país. Subimos pola rúa do Hórreo, Toural, Praza da Universidade, Praza de Cervantes e rematou en San Domingo de Bonaval.
Alí, diante do edificio, reivindicouse que non se pechara o lugar onde se atopa o Panteón de Galegos Ilustres, que dende hai algún tempo pasou de novo a titularidade da Igrexa e non permite as visitas. Parece que a Xunta e o Arcebispado chegaron a un "acordo" no que se abrirá algúns días da semana, pero claramente a solución debe pasar porque a xestión e titularidade do lugar sexa laica e pública, xa que a pesar de ser antes unha igrexa, o edificio está xa totalmente baleiro de toda ornamentación e boato relixiosos e aparentemente desacralizado (eu teño visto alí exposicións de arte contemporánea, como na igrexa da Universidade).
E xa dentro (pediuse permiso por escrito para esta celebración) houbo unha boa cantidade de lecturas e actuacións e rematou cunha ofrenda floral no Panteón. Grande acto moi ben organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Déixovos unha foto das intervencións en Bonaval.
Saúdos. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|