Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Resistencia, de Rosa Aneiros |
|
Acabo de rematar a lectura dunha fermosa novela de Rosa Aneiros, titulada "Resistencia". Si, si, xa sei que foi editada hai 7 ou 8 anos e que dende a súa estrea converteuse nun superventas galego que agradou moito a todos os que a leron. Pero eu non teño presa para as lecturas e non me importa deixar pasar o tempo para disfrutar destes placeres.
A verdade é que me gustaría saber por qué a merquei no seu día. Porque o que se conta nas solapas, que habitualmente coincide co que sae nos xornais e promocións, non me chama especialmente a atención. Unha historia de amor en torno á Revolución dos Caraveis en Portugal. As boas críticas repetidas durante todos estes anos deberon animarme a mercala cando se cruzou comigo a última vez.
Porque realmente me gustou. Efectivamente, está moi ben escrita e aínda que os grandes trazos da historia non teñen nada de particular, o conxunto de personaxes e a forza da trama enganchan moito.
Trata basicamente da historia de amor entre Dinís e Filipa, que ten lugar nunha pequena vila da costa portuguesa chamada San Pedro de Moel (se non me trabuco existe, xuraría que eu pasei por alí cerca e polas súas fermosas praias). Cerca da vila está a Marinha Grande, vila famosa polas súas fábricas de cristal, onde traballa Dinís e o seu pai (Dinís non sabe que é o seu pai) e o Pinhal do Rei, piñeiral inmenso que mandou plantar o rei Don Dinís, e que abastecía ás fábricas de vidro. Como Dinís foi concebido alí, recibiu ese nome.
Dinís e Felipa nunca chegaron a vivir xuntos, ela era filla dun rico comerciante de Coimbra e veíanse nas vacacións en Moel. Aparte do seu amor, por separado foron uníndose ao movemento comunista de resistencia á ditadura salazarista.
A comezos dos 60, Dinís viviu unha dura experiencia de dous anos na guerra colonial de Mozambique, de onde chegou moi cambiado e cunha tristeza na ollada que nunca o abandonaría. Esa vivencia fíxolle entrar a formar parte do partido comunista.
No 68, cos aires de liberdade en Europa, el e algúns compañeiros máis intentaron un motín sindical na fábrica, foron apresados, e leváronos para a cárcere de máxima seguridade de Peniche, de onde non saíu ata a Revolución dos Caraveis, en abril do 74.
Cando saíu, Filipa vivía en Brasil co seu pai e pensaba que morrera, xa que dende o cárcere mandáranlle unha notificación falsa dicindo que morrera, cousa que era bastante habitual daquela.
Pero a historia aínda segue ata o ano 94.
En definitiva, unha historia con moitas aristas, moi ben tramada, moi bos personaxes (eu case non falei máis que de dous, pero hai moitos máis) e que fai pasar un moi bo pedazo.
Saúdos.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|