Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Metrópolis, de Fritz Lang |
|
Aproveitando que en Google Videos poden verse películas enteiras que xa non dispoñan de dereitos de autor (en Youtube os fragmentos son pequenos, hai que velas a trozos), estiven vendo a mítica película alemana de cine mudo "Metrópolis", rodada polo xenial Fritz Lang en 1927.
É unha historia de ciencia-ficción baseada nunha novela escrita por Thea von Harbou (a muller de Lang). A min o que máis me gusta é o deseño artístico das dúas cidades (a subterránea dos obreiros e a da superficie dos ricos), ambientado no ano 2026.
Basicamente trata diso, das diferencias sociais entre os obreiros que viven explotados baixo terra facendo funcionar as máquinas que moven o mundo, e a vidorra que se pegan os propietarios e ricos no ultra-tecnoloxizado mundo da superficie.
Déixovos o enlace para ver a película en Google Videos.
Saúdos.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|