Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tiruleque na escalinata da Domus
Onte fun ver o primeiro dos concertos de verán na escalinata da Domus, un lugar excepcional para asistir a espectáculos musicais, se o tempo acompaña, como era onte.

E abrían a tempada un grupo coruñés que xa editaron o seu primeiro disco e que xa actuaron no 2009 no Concurso Runas do Festival de Ortigueira. Para que non coñeza isto último, é un concurso que se celebr en cada edición, para grupos novos, e o gañador de cada ano forma parte do cartel oficial do ano seguinte. Tristemente, Tiruleque (o grupo do que estamos falando) quedaron de segundos.

Son un grupo moi festivo e pásase moi ben nos seus concertos. Incluso teñen algún peza cantada que como chegue a determinados círculos (como o Luar) aínda se ha de convertir en éxito atemporal, como a "Siñá Lixandra".

Pódense contar varias cousas sobre o grupo. Por exemplo, a formación básica é: 1 contrabaixo, 1 acordeón, 1 clarinete ou saxo, 1 clarinete, gaiteiro ou cantante, 1 batería e 1 percusionista. Aínda que lin nalgures que os 6 membros son gaiteiros, ou podería tocar ese instrumento calquera deles, aínda que só o fai un, e non en todas as cancións. Por último, comentar que "tiruleque" é un sinónimo de monicreque, títere ou marioneta.

Déixovos un par de vídeos de cando actuaron en Ortigueira.

Saúdos.





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2010 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0