Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Numerati

Acabo de ler un libro ao que lle tiña bastantes ganas (e toda a longa lista que teño esperando), titulado "Numerati" e escrito polo xornalista americano Stephen Baker.

Fala sobre os exércitos de matemáticos, enxeñeiros e informáticos que recollen millóns de datos sobre todos nós en Internet ou por outros medios, e intentan deducir cousas a partir deles. Hai moitas empresas (sospeito que principalmente en Estados Unidos) que viven diso. E nada mal, por certo, cada vez os seus creadores están máis cotizados e as empresas son mercadas a prezos astronómicos ou eses xenios son contratados por xigantes como Google, Yahoo, Microsoft ou Intel.

O libro está estruturado en sete capítulos sobre diferentes ámbitos de traballo destes numerati:

- O empregado: parece que están modelándose sistemas para saber o que fai cada empregado en cada momento. Conseguilo se o traballo é nun ordenador non é nada difícil. Dese xeito pretenden mellorar a produtividade.

- O consumidor: unha das máis obvias. De todos os rastros que imos deixando en Internet, pagos da nosa tarxeta, etc., poden deducir o tipo de cousas que nos interesan e facernos chegar publicidade axeitada aos nosos intereses.

- O votante: En todas as eleccións, hai grupos non moi numerosos de votantes que teñen claro por qué opción decantarse, pero son moito máis numerosos os que teñen dúbidas, para os que poderían crearse mensaxes ou campañas específicas e personalizadas sabendo determinados datos ou intereses desas persoas. Non serían campañas masivas como as actuais, onde hai grande despilfarro de recursos.

- O blogueiro: Dos millóns de comentarios e artigos que saen nos blogs do mundo, poden sacarse moitas tendencias e gustos de produtos.

- O terrorista: ser capaces de rastrear os pasos de posibles terroristas a partir de datos de viaxes, alugueres, compras, etc.

- O paciente: a posibilidade de que mediante milleiros de datos biométricos poidan detectarse e previrse enfermidades ou doenzas. Obviamente, están moi interesadas as aseguradoras. Pero, digo eu, cando haxa capacidade para previr esas cousas, supoño que o futuro das aseguradoras médicas virase abaixo. Agora mesmo apóianse no descoñecemento sobre o futuro. Cando xa non haxa tanto, xa non terá tanto sentido a súa existencia.

- A parella: posibilidade de confrontar datos para buscar a parella ideal, que segundo algúns é unha das principais actividades na vida.


Teño que recoñecer que o libro me decepcionou un pouco. Pretendeu avanzar en moitos campos, e case non o fixo en ningún, quedouse en vaguedades, case anécdotas, con frases ocas como "pero no futuro seremos capaces de deducir......". E como nalgúns capítulos se fala moito de estratexias comerciais e produtos, comprobei de novo como bastantes autores norteamericanos están continuamente facendo referencia a marcas comerciais, son incapaces de construír o seu discurso sen mencionalas. Eu nunca escribín nada, pero paréceme un recurso literario bastante mediocre.

E non podo rematar sen comentar que no seu agradecemento final, o autor di que na revista na que traballa, Business Week, déronlle permiso para ausentarse MÁIS DUN ANO para facer este libro. Sen comentarios.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2010 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0