Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Rodin |
|
Clausurouse hai uns días unha moi interesante mostra sobre o escultor Auguste Rodin no Kiosko Alfonso da Coruña.
Fun vela nos últimos días, a verdade é que se me foi pasando o tempo e case quedo sen vela.
Non estivo mal, o que pasa é que recoñezo que a escultura é unha das artes coas que menos conecto e menos me transmite. Pero simplemente estar diante de obras tan célebres como "O pensador" xa é todo un privilexio.
Poño unha foto da Porta do Inferno. Se non me equivoco, unha das figuras da parte superior é o famoso pensador. A obra que estaba na exposición (do pensador, refírome) era pequena, non chegaría a un metro de altura. Teño entendido que é así a orixinal, non é grandiosa como se pensa.
Tamén me chamou a atención a historia de Camille Claudel, unha discípula súa da que foi amante. |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Dise, coméntase, rumoréase, que gran parte#blgtk08# da súa obra era de Camille... como o ves? |
|
|
Comentario por doris dei (16-12-2009 13:22) |
|
|
2 |
Ola, Doris, sempre a voz máis destacada deste modesto blog.
Pois eu que sei. Non vin traballar en persoa a ningún dos dous, e os meus coñecementos de escultura son n#blgtk08#ulos.
É unha hipótese bonita, das que tanto abondan no mundo da cultura. Penso que o mellor é non aclarala e que a especulación siga.
Saúdos.
|
|
|
Comentario por Ignatius J. Reilly (16-12-2009 14:01) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|