Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Eça de Queirós |
|
Hoxe volvín, despois de dous meses, ás miñas queridas tertulias de Villa Florentina en Cecebre (sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez). O primeiro domingo de mes organizan unha agradable charla en torno a algún persoeiro da cultura ou da sociedade, sobre todo galega, pero tamén española ou portuguesa.
O tema de hoxe era o escritor luso Eça de Queirós. Diplomático que pasou boa parte da súa curta vida (morreu aos 55 anos) de cónsul en diferentes partes do mundo, como A Habana, Newcastle, Londres, París, etc. Tamén fixo unha viaxe a Oriente Próximo na que asistíu á inauguración do Canal de Suez, e tivo unha breve estadía duns meses en Estados Unidos e Canadá, pero nunca puido estar no Brasil, un dos seus soños. Como bo diplomático, tivo tempo (polo pouco traballo, supoño) para escribir bastante.
Falamos da súa vida, léronse algúns fragmentos da súa obra, como algunhas das "farpas", que eran unhas feroces críticas da vida política portuguesa do seu tempo, etc.
Teño que dicir que os "Contos" de Eça de Queirós foron, de momento (espero que pronto sexan máis), a única obra que lin directamente en portugués. Experiencia moi grata e enriquecedora.
Saúdos. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|