Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mal de escola
Merendeime hoxe un libro de 300 páxinas que pasou pola miña casa. É fatal para a vida dos libros collerme nun día "libre".

Titúlase "Mal de escola" e o autor é bastante célebre en Francia, polo visto, chámase Daniel Pennac. Fala do fracaso escolar alí, dos malos estudiantes, e el crese autorizado a falar do tema xa que foi un estudiante nefasto que non se sabe moi ben como saíu adiante. Segundo el, a lectura e varios profesores que tivo que lle infundiron confianza foron determinantes para "saír do pozo".

O libro está ben, pero tampouco é para tanto. Comenta algunhas cousas interesantes pero tampouco descubre a pólvora. Se cadra as claves máis interesantes están cerca do final cando di que a principal causa do fracaso escolar actual nos nenos e nos adolescentes está baseada en que son basicamente consumidores e clientes. Son fillos moi desexados que en canto a consumismo están case á par dos adultos (con cartos que non ganan eles, claro) e moitos non entenden que na escola haxa que traballar para obter un resultado. Hai algúns que si o entenden e aceptan, pero cada vez son máis os que non.

En definitiva, o que xa dixemos moitos antes, a escola é un dos poucos sitios que queda onde se intenta adestrar e valorar o esforzo para conseguir as cousas, e onde se intenta poñer algo de orde e disciplina na vida. E como xa case somos os únicos que o facemos, claro, a impopularidade crece, tampouco debería estrañarnos. O problema é reflexionar por qué na sociedade actual hai esa tendencia tan insana.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2009 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0