Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Música para un ouveo
O outro día asistimos no Teatro Rosalía da Coruña a un deses eventos pouco convencionais que me gusta ver. Hai que recoñecer que é un certo risco pero polo menos non deixa indiferente.

O compositor Borja Costa e o poeta e tradutor (e amigo) Xoán Abeleira presentaban a súa representación de "Música para un ouveo", baseada en Howl & other poems de Allen Ginsberg, poeta da Xeración Beat americana.

Non me disgustou, en absoluto. Entre que a música orquestada por Borja Costa cun cuarteto de corda e un piano era plenamente contemporánea (imaxinádevos xa a cousa) e a poesía de Ginsberg non é moi amable que digamos (nunca lera nada pero algo sabía desta xente e as súas andanzas), a combinación non estivo mal. Manolo Rivas fixo a presentación introdutoria.

Só para completar, contarei o pouco que sei da Xeración Beat. O meu maior contacto con ela, pero intenso, foi hai uns 20 anos, cando lin a mítica novela "No camiño" de Jack Kerouac (On the road), onde contaba as súas andanzas por Estados Unidos nunha bacanal continua cos seus colegas Allen Ginsberg, William Burroughs e Neal Cassady, entre outros. Máis ou menos daquela vin unha película titulada "A xeración perdida", protagonizada por John Heard, Nick Nolte e Sissy Spacek que falaba desta xente. Póñovos aí a ficha da película na IMDB.

Saúdos.
Ficha da película na IMDB
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2009 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 o concerto foi pra lembrar malia que na cruña foi excesivo o papel da voz. en vigo foi todo máis equilibrado, facendo un dos concertos máis memorables que teño vis#blgtk08#to. e dende logo que sexa duro ou non, eu a isto chámolle arte e o compositor e un verdadeiro xenio lendo o texto de memoria mentres dirixía, que xa hai que telos.
Comentario por antón (07-09-2009 18:56)
2 Vexo que tiveches a posibilidade de ver os dous recitais. Noraboa. Lin algo de que o director non sabía qué poemas ía recitar Xoán#blgtk08# Abeleira, e que ían improvisando sobre a marcha dependendo dos que escollera. Dende logo ten moito mérito.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (07-09-2009 23:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0