Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A aventura de viaxar, de Javier Reverte
Acabo de rematar a lectura dun libro escrito por un deses autores que me engaiola. Ou polo menos, o facía. O que pasa é que cando te gusta moito o primeiro libro que les de alguén, a partir de aí a cousa raramente pode ir a mellor. A sorpresa inicial pérdese e parte do engado desaparece.

Falo de Javier Reverte, célebre polos seus libros de viaxes principalmente. Coido que el pretende tamén ser escritor de novelas e poesías, pero sospeito que nunca caerei nesa rede. Polo menos a da poesía. Polo que parece, as súas novelas están baseadas en persoeiros e problemáticas que foi coñecendo na súa vida de viaxeiro. Pero creo que a realidade supera con moito á ficción, polo menos no mundo que el retrata e que eu desexo coñecer.

Lin a obra "A aventura de viaxar", de hai poucos anos, e onde conta anécdotas de todos os anos que o leva facendo, que non son poucos, porque el xa ten 65 anos. Xa aviso que este artigo vai ser longo, porque fíxome pensar moitas cousas o libro. E eses millóns de lectores case anónimos que se negan a escribir van ter que sufrirme.

Recoñezo que nos primeiros capítulos me cabreei bastante. Independentemente da súa calidade literaria, que a ten, sorprendeume con varias cousas, sobre todo no primeiro capítulo, que me puxeron de moi mala ostia e que derrubaron o mito deste autor. Segundo avanzaba o libro xa foi recuperando o seu lugar pero está claro que cruzou algunhas líneas vermellas que eu non esperaba.

No primeiro capítulo conta como eran as excursións do colexio, que para el foron o mellor momento da súa infancia, xunto coas súas vacacións na serra. O que me molestou nesta parte foi, ao recoñecer que era moi mal alumno e que raramente duraba máis de dous ou tres cursos en cada colexio, que os colexios eran cárceres onde todo se facía mal e ao revés, e que el era un ser que tiña dereito a divertirse e a facer o que lle dera a gana e non aceptaba aquela autoridade nin tiranía.

Xa se me notará que eu traballo no ensino, o obviamente o ensino (en colexios relixiosos, polo que insinúa) no Madrid dos anos 50 non debía ser do máis progresista e ameno que un desexaría, seguro. Pero ese desprezo absoluto por todo ese sector e todo o que significaba non me parece moi lóxico. Sobre todo cando di que dende pequeno tiña claro que quería ser escritor, e que lle gustaría viaxar... Como lle pasaría a todo o mundo, unhas materias gustaríanlle máis que outras, os profesores ou curas que lle tocaran serían moi diferentes entre sí, cuns empatizaría máis que con outros, é lóxico. Pero negar absolutamente todo e dicir que non servía para nada todo o que recibiu alí (algo recibiría, digo eu, a parte de ostias) paréceme unha pose de progre desagradecido que pretende darlle leccións a alguén.

Ao final do capítulo aínda me puxo de peor humor, e eu xa ía quente. Fixeron na familia unha viaxe para ver o mar por primeira vez, que para el foi unha experiencia inesquecible. Tiñan algo de familia no interior da provincia de Pontevedra, e foron visitala, e de paso xa se achegaban ao mar.

Foron a unha aldea chamada Rubiós, do concello de LAS NIEVES (As Neves, parece que en Madrid algúns aínda non se enteraron da toponimia galega). Alí tiñan unha casa e, segundo unha lenda, estaba soterrado un tesouro dun bandido chamado Mariñás. Por esa razón a aquela zona chamábanlle o "Eido do Mariñás". Pois a continuación di, atención: "ALGO QUE SEGURAMENTE IGNORAN HOY LOS HABITANTES DEL PUEBLO". Pero como pode ter collóns a insinuar que EL SI sabe que existe esa lenda e ese topónimo (cando seguramente non volveu alí na súa vida) e pola contra OS QUE VIVEN ALÍ NON se enteraron desa lenda e dese topónimo. Pero que tipo de prepotencia é esa? Que pensa este tío, que os demais son unha manda de ignorantes que están esperando a que chegue el coa súa capacidade para enterarse de todo? Recoñezo que cando lin esta frase xurei en arameo.

E para rematar o conto, uns días máis tarde collen un bus que os leva a Vigo para ver o mar. Pasan por PUENTEAREAS, e chegan a Vigo, báñanse, e beben el e o seu irmán a auga do mar, para comprobar que é salgada. Pero o máis glorioso é cando a continuación glosa o olor do CANTÁBRICO. Joder, un tío tan viaxado coma este dicindo que Vigo está no Cantábrico. Non é para darlle unhas ostias!!! Ben, todas estas perlas no primeiro capítulo.

No segundo conta o seu periplo durante algún tempo (non sei se unha ou dúas semanas) nun cruceiro de luxo de Río de Janeiro a Miami. Comenta que tiña moita curiosidade en facer unha viaxe dese estilo e decide dedicarlle todo un capítulo. O que eu xa non teño tan claro é que a lexión de seguidores dos seus libros teñamos interese nesa aventura. Pero hai que recoñecer que algunha das cousas que conta resulta atraente.

Outra cousa que me enervou dese capítulo é un persoeiro que aparece, que se apodera de moito protagonismo. É unha catalana de nome Francisca, pero que o cambiou por Margot, que tiña moito máis glamour, que se dedica a viaxar dese xeito, a comprar compulsivamente alá onde vai e a visitar os seus amigos e amigas por todo o mundo. Pareceume entender que era viúva dun editor catalán que se fixo de ouro varias décadas atrás. Indescritible. Polo que di o autor, se eu coñecera en persoa a esa señora, resultaríame difícil non intentar matala cada 5 minutos.

A partir de aí o libro xa comeza a coller o nivel que se espera dun autor como este. Hai algún capítulo, como o que relata as súas viaxes cos reis e presidentes do goberno, que deixa ben claro que nesas expedicións ninguén a rasca e que son máis ben competicións de xogo e coctelería. Dos representantes públicos xa o sabíamos, el confirma que no caso dos xornalistas tamén é así.

Un colega que le este blog con avidez pero que se nega a participar activamente díxome que cara ao final o libro vai perdendo calidade. Estou bastante de acordo. Eu achácoo a que comeza a falar das viaxes que decidiu facer para ambientar as súas novelas. Como é propio neste país, vou falar sen saber. Non lin ningunha novela súa, pero sospeito que nunca o vou facer (non por nada persoal, o tempo non dá para tanto) pero dubido bastante que supere aos seus libros de viaxes.

Aclararei este último argumento, xa que o utilicei varias veces. Só lin o seu libro "Los caminos perdidos de África". Creo que é o terceiro dunha triloxía sobre o continente. Ese concretamente percorre os tres países que baña o río Nilo: Etiopía, Sudán e Exipto. Paseino tan ben lendo ese libro, sobre todo o que conta de Etiopía, que supoño que nunca quererei ler ningún outro xénero diferente a este autor. E segundo me dixeron algúns, os outros dous da triloxía son mellores aínda. Para que ler novela ou poesía??

Saúdos.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-08-2009 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 ¡Saca el machete!,
Lasa#blgtk08#rte,
¡saca el machete!
Comentario por (13-08-2009 23:09)
2 Tendo en conta que a referencia é futbolística (para que non o saiba, fai referencia a Martín Lasarte, mítico defensa uruguaio do Deportivo, a quen tamén lle cantaban "Lasarte, reparte"); que xa a teño comentado con unha determinada persoa máis veces; que esa mesma persoa acaba de enviarme un correo el#blgtk08#ectrónico persoal hai uns minutos: en definitiva, todo apunta que o autor deste comentario é......... non, se foi tan cobarde como para non asinar o seu comentario (para unha vez que escribe), o mellor que siga públicamente como tal. A ver se ten valor para deixarse ver de novo.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (13-08-2009 23:14)
3 Falando de referencias futbolísticas, eu que coñezo persoalmente (e comparto, ainda que as máis das veces a sufro) a túa faceta máis activa neste ámbito, seguramente ignorado polo resto dos teus millóns de lectores e coñecidos, teño que dicir que o lema que máis che pega é ...illa, ...illa, ...illa, Roberto Marabilla, vendo como te desenvolves na cancha, pero bueno, ese xa é outro cantar...

En canto ó que comentas da escola, empezo a pensar que tes uns evidentes síntomas de depresión pre-postvacacional e que indudablemente necesitas alongar o teu curto tempo de lecer, pero se che parece forte o que di Reverte, mira o que escribe nun dos primeiros capítulos da súa autobiografía (El mundo de Ayer, libro absoluta e decididamente recomendable) Stefan Zweig (1881-1942):

"Era muy natural que después de la escuela primaria me enviasen a un gymnasium [...] era necesario pasar cinco años de escuela primaria y ocho de gymnasium sentado en un banco de madera y a razón de cinco a seis horas diarias, y durante el tiempo libre, hacer los deberes y, sobre todo, dedicarse a satisf#blgtk08#acer las exigencias de la "cultura general" [...] porque, si he de ser sincero, toda mi época escolar no fue sino un aburrimiento constante y agotador que aumentaba de año en año debido a mi impaciencia por librarme de aquel fastidio rutinario. No recuerdo haberme sentido "alegre y feliz" en ningún momento de mis años escolares-monótonos, despiadados e insípidos- que nos amargaron a conciencia la época más libre y hermosa de la vida, hasta tal punto que, lo confieso, ni siquiera hoy logro evitar una cierta envidia cuando veo con cúanta felicidad, libertad e independencia pueden desenvolverse los niños de este siglo." (A edición que teño, evidentemente é na tradución en castelán)

50 anos antes da infancia de Reverte se pensaba o mesmo e dentro de outros 50 volveremos ler o mesmo, proba evidente de que non é máis que un artificio literario no que se engaiola o territorio e o tempo perdidos da infancia... e de que te estás a volver un vello rosmón, que calquera cousa che incomoda.

E le "El sueño de África" iso si que é unha marabilla, ...illa, ...illa, ...illa
Comentario por PaintMonkeys (14-08-2009 16:32)
4 Impresionante. Despois das inesquecibles veladas literarias do cenáculo do Maeloc, volve o vello druída a tomar a pluma (e deixar os pinceis) para facernos gozar unha vez máis da súa prosa florida.

En todo caso o ceo que cubre a túa intervención é máis ben escuro, pero non pola miña posible visión rosmona das opinións sobre a escola (que tamén, o recoñezo) senón por algúns nubarróns medios escondidos no teu discurso.

En primeiro lugar, o lema inicial referente ás miñas insondables cualidades futbolísticas e as túas recomendacións literarias do final lembran un cántico que os inefables Ultras Sur lle dedicaban a un xogador que non imos lembrar aquí pero que tivo un amargo final (bastante factible tendo en conta o calavera que foi na súa vida).

E se amargo final tivo o mencionado xogador, non digamos xa o insigne intelectual Stefan Zweig, do que glosas a súa infausta infancia.

En canto á miña posible depresión. Arre carallo, se a teño#blgtk08# aínda non fun capaz de atopala. Como deberíades saber os que tedes a desgracia de sufrirme con frecuencia, podo xurar en arameo, cagarme en todo o que se me poña a tiro e discrepar dunha opinión, sen despeitearme, incluso nos meus intres de mellor humor. Polo tanto, non se preocupar, estou de marabilla, illa, illa,....

En canto a alongar as miñas/nosas case imperceptibles polo curtas vacacións, non vou ser eu quen loite polo contrario.

De feito, nestes últimos días, chegáronme varios rumores (non sei que grao de fiabilidade teñen) sobre o posible retraso no comezo das clases escolares:
- Conflito laboral indiscriminado como protesta ao novo incompetente conselleiro de Educación. Interesante opción e máis que xustificada.
- Retraso pola tardanza en conseguir as vacinas para a gripe A para toda a comunidade escolar. A saúde dos nenos é o primeiro.

Xa só falta que escriba aquí a musa que a todos nos inspira.....

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (14-08-2009 20:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal