Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Circo Acrobático Nacional de Pequín
Impresionante. Onte fun ver ao Pazo da Ópera da Coruña ao Circo Acrobático Nacional de Pequín.

Abraiantes todos ou case todos os números que fixeron. Seguro que esquezo moitos: pratos xirando sobre variñas, saltos a través de aros, lanzamento de todo tipo de obxectos ao aire (un deles fixo acrobacias cos SEIS raquetas de tenis), e moitos máis que non son capaz de lembrar agora.

Encarecida recomendación: se actúan por cerca, non o dubidedes, van ser dúas horas de diversión absoluta.

Esta actuación que vedes xa é de hai uns cantos anos, pero a calidade do vídeo é boa. Atopei outros máis recentes pero de moita menor calidade visual.

Saúdos.



Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-08-2009 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Gústame moito o mundo dos malabares, e tamén este blog que veño d#blgtk08#e atopar.
Un saúdo e noraboa polos artigos que escribides.
Comentario por jrio (06-08-2009 18:00)
2 Alégrome que che guste o que escribimos. Espero que#blgtk08# nos visites con frecuencia.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (06-08-2009 18:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal