Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Daniel e a porta do ceo
Estou lendo como un animal. O que le moito é un león. Pois iso. Acabo de rematar outro. A ver se me dura esta racha.

Esta vez foi "Daniel e porta do ceo" de Xabier Iglesias, publicado por Biblos.

Segundo di o autor, pecha o ciclo de novelas medievais galegas. Que eu saiba, a única outra obra que publicou foi "O soño do falcón" (Toxosoutos), sobre a vida de Pedro Madruga, que tamén a lin e me gustou moito. Mais tamén é certo que é unha época ben interesante.

Esta trata sobre un novizo bieito que vive no mosteiro de Leire (Nafarroa) e que non sabe nada sobre a súa orixe, xa que apareceu na porta do convento ao pouco de nacer. Danlle algunha pista do seu posible nacemento en Compostela. Pretende facer o Camiño de Santiago pero chega ao punto final seguindo unha traxectoria ben retorta (os interesados que lean o libro).

Alí coñece ao mestre Mateu, que está facendo o pórtico da Gloria. Axúdao a rematalo xa que ten moi boas capacidades para o debuxo, aínda que non comprendidas polos retrógrados e conservadores cregos. E polo medio tamén está a persecución aos priscilianistas.

A verdade é que xa estou comezando a sospeitar algo. É a segunda vez, en pouco tempo, que oio falar da figura de Daniel no Pórtico da Gloria. Hai pouco, o discurso de entrada na RAG de John Rutherford tamén versou sobre a mesma figura. Intrigante.

Saúdos.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-07-2009 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Olá, son Xabier Iglesias. Alédame que che gustara o Daniel e máis O Soño do Falcón. O certo é que o único motivo para ter sacado a imaxe de Daniel na novel#blgtk08#a é que, para min, representa o cumio da arte románica galega. Como podes ver, a novela é unha fabulación de comezo a fin sen máis pretensións. Unha aperta
Comentario por Xabier Iglesias (27-07-2009 12:09)
2 Ola Xabier.

Si, polo que parece ese Daniel atrae a atención de moita xente, algo especial debe ter esa escultura.

E tamén me aleda que xa é a segunda vez que un escritor escribe no meu blogue como resposta a un comentario sobre un libro seu (parece que non é mala táctica a miña). Xa me pasou hai algún tempo cun escritor portugués que tam#blgtk08#én publicara unha obra en Biblos.

Como te reivindicas como de Monte Alto e eu vivo nos Mallos, malo será que non rematemos atopándonos algún día.

Agardo a publicación da túa próxima obra, aínda que recoñezo que a temática medieval que tiñas ata agora me atraía bastante. Non sei de que tratará o teu vindeiro libro.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (28-07-2009 23:46)
3 Olá amigo Ignatius, veño de ler nun dos teus comentarios que es presidente da asociación Alexandre Bóveda. Non sei se estou metendo a pata. O certo é que sempre tiven curiosidade por saber de vós; os vosos proxectos e motivacións como grupo. No caso de ser así, poida que nos vexamos no local da rú#blgtk08#a da Franxa.

Sobre a nova novela que remato estes día, está motivada polo sentimento do amor; pero esta fin de semana veño de ler a novela de Piñeiro sobre a morte de Ánxel Casal, e veño de atopar tema para unha nova obra da que teño escrito o esquema: a vinganza
Unha aperta
Comentario por Xabier Iglesias (06-08-2009 15:46)
4 Ola Xabier.

Si, efectivamente. Son o actual presidente da A. C. Alexandre Bóveda. Se queres contactar connosco, estamos na rúa Olmos, 16-18, 1º. Ata primeiros de setembro temos horario de verán, de luns a xoves de 16:30 a 19:30 horas. Se vas por alí, o noso secretario Rai te atenderá con moito gusto. As posibilidades de que estea alí estes días son baixas, non nulas pero baixas.

En todo caso, antes ou despois seguro que contactaremos, por exemplo a través de Tucho Calvo, non te preocupes.

Por certo, xa que v#blgtk08#exo que te interesa o tema, dentro duns días teremos varios actos que poderían atraerte.

O sábado 15 ás 12:30 h. (aproximadamente) faremos un pequeno acto conmemorativo no cemiterio de San Amaro na honra de Ánxel Casal, xunto coa Asociación de Veciños de Monte Alto.

O luns 17 ás 18:00 h. (en Oleiros) e ás 20:00 h. (en Catro Camiños, onde está o monumento de homenaxe a Alexandre Bóveda) faremos uns breves actos e ofrendas florais na súa honra, por ser a data do seu fusilamento.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentario por Ignatius J. Reilly (06-08-2009 15:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal