Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cachiños do meu cerne
Hoxe lin un breve feixe de relatos que xa me chegou a finais de 2008.

Titúlase "Cachiños do meu cerne" e está escrito por Fuco Paz Souto, profesor nas Escravas da Coruña e unha das persoas máis simpáticas e agradables que coñezo.

Resulta de doada e amena lectura e axudoume a sobrelevar o meu breve paso de hoxe por Urxencias. Por sorte, non tiven que estar moito alí (en total, hora e cuarto). Xa tiven coidado de escoller a hora á que xogaba o Deportivo. Xa se sabe que a esas horas todo o mundo goza dunha milagrosa saúde.

Saúdos. Os Devotos de Santa Clara.
Comentarios (6) - Categoría: Os Devotos de Santa Clara - Publicado o 01-02-2009 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 E logho! Que#blgtk08# che pasou?
Comentario por Doris Dei (03-02-2009 13:14)
2 Nada, muller, unha gripe mal curada neste duro inverno que derivou nunha amigdalite. Como non é a primeira vez que me pas#blgtk08#a, esta vez xa a detectei nunha fase inicial e xa actuei axiña. Parece estar en vías de solución.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (03-02-2009 19:57)
3 Acabo de atopar este blog e cal é a miña sorpresa ao comprobar que unha l#blgtk08#ectora fala do meu libro. Que agradables emocións!
Moitas grazas.
Comentario por Fuco (06-02-2009 09:31)
4 Alégrome que non sexa nada!
Fuco, eu aínda non o lin pero fareino en breve... e "Ignatius" está c#blgtk08#laro que xa o fixo, por iso fala del e implicitamente recoméndanos a súa lectura.
Canta retórica!
Comentario por Doris Dei (06-02-2009 10:46)
5 Ola Fuco.

Non, para ser "lectora" aínda me falta bastante, principalmente un cambio de sexo. Se miras atentamente n#blgtk08#a parte esquerda do blog verás algunhas cousas que che darán unhas boas pistas de quen podo ser eu.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (06-02-2009 18:27)
6 Perdón polo de lectora. A única Roberta que coñecín foi "Flack" e seguro que cantaba mellor ca ti pero non facía nin a metade de actividades e creacións#blgtk08# que ti deseñas.
Unha aperta e perdón para esas Torres de... que Xelmírez tiñas especial precaución en que non caeran en mans dos "estranxeiros"
Comentario por Fuco (07-02-2009 20:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal