Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ciclo de Poetas Coruñeses
O pasado 20 de xaneiro comezou no local da A. C. Alexandre Bóveda un ciclo de recitais a cargo de Poetas Coruñeses.

Serán 10 recitais en todo o ano, normalmente no segundo martes de cada mes, agás en xullo e en agosto. A particularidade é que en cada recital haberá dous poetas, primeira vez que se fai este experimento en Galiza, parece que fóra ten moito éxito.

O comezo non podía ser mellor: Xabier Seoane e Manuel Rivas. Estaba o local ata os topes. Recitaron coas luces apagadas e unicamente alumeados cun farol que lle daba un aire moi mariñeiro ao acto.

O 10 de febreiro estarán Miguel Anxo Fernán-Vello e Xulio López Valcárcel.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.

Comentarios (1) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 01-02-2009 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Son moito mais afín á narrativa que á poesía. Pero teño que recoñecer que na primeira xornada do ciclo Poetas coruñeses, na que estiven presente, cheguei a emocionarme con dos p#blgtk08#oemas de Manuel Rivas e un de Seoane. O ambente era propicio: a luz, o silencio, o respecto do público, a entrega dos poetas, todo. Gracias por seguir. Eu tamén seguirei. Adeus
Comentario por Rosa (04-02-2009 22:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal