Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Joshua Bell e o seu stradivarius
Hai algún tempo o xornal Washington Post fixo un experimento. Puxo a un gran violinista americano chamado Joshua Bell a tocar un stradivarius nunha boca de metro, para ver a reacción que provocaba entre o público. Neste vídeo tedes a resposta.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2008 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Por certo, onte puxen este artigo axiña, sen comprobar se a historia era certa. Acabo de buscar na rede e parece que si, que foi un experimento sociolóxico que levou a cabo o Washington Post en xaneiro de 2008.

Coa cantidade de merda que circ#blgtk08#ula por aí, hai que ter mil ollos. Por certo, lin alí que de 1000 persoas que pasaron, 7 pararon a escoitar a música e 10 botaron unha esmola.

Que titular estatístico faría un xornalista actual con eses datos???

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (22-08-2008 18:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal