Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sendeirismo en Aranga

Un grupo de persoas que nos coñecemos a través da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, que teño a honra de presidir, fomos o outro día facer sendeirismo a Aranga, concello limítrofe coa provincia de Lugo, e a pouca distancia da Coruña.

Foi por unha fraga escondida, unha das poucas que queda por esa zona. Baixamos polo rego da Palanca, chegamos ao punto onde se une ao rego da Ponte das Ovellas e subimos por este río ata un encoro e voltamos ao coche. Vimos varias pozas con fervenzas, desas máxicas onde hai meigas e mouras.

En total, unhas cinco horas de lecer, paz e diversión, pero dun xeito moi diferente ao habitual nestes días.

Saúdos.
Comentarios (3) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 19-08-2008 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 A ver cando #blgtk08#me invitas!
Comentario por Doris Dei (20-08-2008 11:38)
2 Muller, ti xa sabes que estás sempre invitada. De feito, cando te INVITO a algunha#blgtk08# cousa, rexeitas sen compaixón, e infravalóraste sen razón. Así non hai forma.....
Comentario por Ignatius J. Reilly (20-08-2008 22:06)
3 Pero que cara! Ti só me convidas a traballar#blgtk08#, de festas coma esta nunca tal me dixeches.
Comentario por Doris Dei (21-08-2008 09:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal