Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Gaiteiros de Lisboa
Ao pouco de volver de Girona houbo un concerto na praza de María Pita con actuacións de Pepe Vaamonde Grupo, Susana Seivane e os Gaiteiros de Lisboa.

Por razóns que non veñen ao caso, non puiden asistir aos dous primeiros grupos, aínda que como xa teño discos deles e son ben coñecidos tampouco pasa nada.

Puiden chegar só ao último, que ademais era o que máis me interesaba, por menos coñecido. Pero as referencias eran moi boas. Eu lembraba ter ouvido unha canción deles no Xabarín Club xa hai anos, e gustárame moito.

Non puiden ver todo o concerto. O que vin gustoume, pero tampouco me entusiasmou. Esperaba algo máis. Non sei se no Xabarín ouvira a súa mellor canción, pero aquel estilo que me cativara duramente uns minutos pouco o lembrei no concerto do outro día.

En calquera caso, déixovos un vídeo deles en Youtube. Espero que funcione porque, por razóns descoñecidas, hoxe en Youtube todos os vídeos páranseme cando levan 2 segundos. Non sei se é problema do meu ordenador (todo parece funcionar normalmente) ou de Youtube.

Saúdos.

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-08-2008 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Pois eu nos 2 primeiros... pero case mel#blgtk08#lor que marchase, despois do que dis...
Comentario por Doris Dei (20-08-2008 11:36)
2 Ai, sobre gustos... Eu esperaba máis, a min gústame a música con moita percusión, pero aínda así decepcionáron#blgtk08#me algo, pero tamén é certo que non ouvira case nada deles, debía ter unha idea un tanto errada da súa música.
Comentario por Ignatius J. Reilly (20-08-2008 22:05)
3 Hai moitos anos que os escoitei na Carballeira de Zas #blgtk08#e recordo que tiñan un directo xenial, non sei agora...
Comentario por Doris Dei (21-08-2008 09:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal