Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Irina Palm
Entre as actividades alternativas que nos buscamos en Girona para pasar os mellores días que nos tocaba esperar pola reparación do coche, atopamos un cine de barrio destes con programación non comercial. Chámase o Cinema Truffaut. Como por alá todo está máis caro, non nos estrañou demasiado que o prezo se parecera bastante ao do cine comercial por aquí.

Fomos ver "Irina Palm". Básicamente porque só tiña unha sala e esa era a película que proxectaban. Non había onde escoller. Pero estivo ben.

Trata dunha muller duns 50 ou 60 anos, inglesa, que ante a grave enfermidade do seu neto, e que as posibilidades de cura están desaparecendo, busca ingresos adicionais para poder pagar o traslado e estancia en Australia (xa que a operación é gratuíta).

Vai a varios lugares onde ofrecen traballo, e o único onde a aceptan é un club nocturno onde ten que ganarse a vida masturbando aos clientes que van a unhas determinadas cabinas.

Ten que aprender o oficio dunhas compañeiras xoves (ela di que xa perdeu a práctica) pero adquire tanta destreza que convértese na principal atracción do local, e ten ofertas moi tentadoras da competencia.

Non pensedes que se ve "nada" que a converta en película porno. A temática é a que é pero pode vela todo o mundo, por se alguén ten problema con escenas explícitas.

Obviamente todo xira en torno ao personaxe desa muller, protagonizado por Marianne Faithfull.

Bastante recomendable, aínda que ao ser do ano pasado e ter pouco percorrido comercial será algo difícil de atopar.

Saúdos.
Ficha da película na Internet Movie Database
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-08-2008 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 A min encantoume, vina na última edición do Cineuropa de Compostela e repetín na Coruña que a proxectaron na sala de V.O.S dos Filmax. Rin moito na primeira parte, cando coñece ao seu novo xefe, como se inicia na#blgtk08# súa nova profesión, a lesión, a redecoración do cuarto... e chorei amargamente cando as amigas e a familia lle dan as costas despois de descubrir de onde sacaba os cartos,... a sociedade que é así de hipócrita!
Comentario por Doris Dei (20-08-2008 11:35)
2 Será que eu son máis bruto, pero eu rin na primeira parte e na segunda.

Na segunda leva con moita dignidade as burlas das amigas, faino moi ben.

É #blgtk08#moi simpático cando o "médico da empresa" lle diagnostica o "cóbado de penista", cando empeza a sofrer DORES no cóbado polo moito esforzo, ao igual que lle sucede aos tenistas.
Comentario por Ignatius J. Reilly (20-08-2008 22:03)
3 Ahaha#blgtk08#haha!
Comentario por Doris Dei (21-08-2008 09:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal