Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xa voltamos da Costa Brava e arredores

Pois si, xa hai tempo que voltamos de alá. Máis tarde do que pensabamos. Nunha estrada local preto de Girona, unha señora embestiu o noso coche por detrás. O golpe non foi moi grave pero si o suficiente como para que algunhas pezas interiores da defensa rozaran coa roda, polo que era necesaria unha reparación. Iso demorou a nosa saída catro ou cinco días, pero finalmente a cousa acabou ben.

En canto ao ambicioso programa, cumpriuse en moitos dos seus puntos. Vexamos aquí un repaso:
- O primeiro día dedicámolo a chegar alá, concretamente á Pobla de Segur. É unha pequena localidade situada no centro da provincia de Lledia, nudo de estradas perfecto para visitar esa provincia. O que pasa é que alí xa están os Pirineos cerca e as estradas son máis reviradas do que sinalan os mapas, por bos que sexan estes.
- O segundo día subimos ao Parque Nacional de Aigüestortes e Estany de Sant Maurici. Fixemos unha ruta moi chula, a máis típica de alí, que sube a varios lagos, e que chega aos 2.300 metros de altitude. Despois diso baixamos á Val de Arán e ceamos en Vielha.
- O terceiro día dedicámolo básicamente á Vall de Boí, co seu impresionante románico catalán.
- O cuarto día baixamos ao sur da provincia, con clima e orografía mesetaria. As paradas principais foron Balaguer, Lleida e o mosteiro de Vallbona de les Monges. Marabilloso o pobo medieval de Montfalcó Murallat.
- O quinto día vimos o nordeste da provincia de Lleida e noroeste de Girona: La Seu d'Urgell, Andorra (onde xantamos por 9 euros, incrible), Puircerdá e Llívia (enclave catalán xa en territorio francés).
- O sexto día trasladámonos ata Girona capital, onde fixamos o segundo campo base, para visitar a provincia. Ata chegar aí, vimos Ripoll, Sant Joan de les Abadesses e Olot. Olot está no Parque Volcánica da Garrotxa. Dentro da vila de Olot hai catro volcáns, e subimos ao máis céntrico. Chégase en 10 minutos andando dende o centro da vila, alucinante.
- O sétimo día íamos cara a Figueres cando tivemos o percance automobilístico. Levamos o coche ao concesionario e pola tarde visitamos a fermosa cidade de Girona, onde íamos pasar bastantes máis días dos previstos.
- O oitavo día fomos, en coche alugado, a Figueres. Básicamente vimos o Museu Dalí. O día non deu para máis.
- O noveno día fomos á Costa Brava. Comezamos co mosteiro de Sant Pere de Rodes. Alí xantamos, cunhas espectaculares vistas. Despois baixamos ao Cap de Creus. Fixemos unha pequena rota de sendeirismo. Despois chegamos á marabillosa Cadaqués (na foto). E rematamos o día ceando en Roses, vila bastante destrozada xa polo turismo.
- O décimo día fomos a Castelló d'Empuries, ao parque natural de Aigüamolls de l'Empordá e pola tarde visitamos as ruínas de Empúries.
- O undécimo día fomos ao poboada ibérico de Ullastret, aos pobos medievais de Peratallada e Pals, a Begur, á marabillosa Calella de Palafrugell e rematamos en Palamós, tamén moi destrozada polo turismo.
- Os seguintes días xa non tiñamos o coche alugado e agardamos a que rematara a reparación. Aproveitamos para darlle un bo repaso á fermosa vila de Girona.

Ou sexa que cumprimos boa parte da ameaza que prometemos antes de marchar.

Saúdos. Viaxes O Lóstregho.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-08-2008 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Si, señor, de palabra. Onde é a#blgtk08# seguinte? Pódese anotar unha?
Comentario por Doris Dei (20-08-2008 11:22)
2 Somos moi cumpridores de Dios.

Onde é a seguinte? Quen o sabe? Fáltanos por explorar Baleares, Canarias, a Comunidade Valenciana, Murcia, Andalucía, A Mancha e algunha cousiña máis. Todo na esquina contraria d#blgtk08#a península ou fóra dela. E polo mundo adiante tamén imos de cando en vez, pero o plan é diferente, claro, sen coche, a cousa cambia algo.

Para anotarse só hai que cubrir un sinxelo formulario de dez páxinas.
Comentario por Ignatius J. Reilly (20-08-2008 22:01)
3 Só falta vos falta pór unha entrevista persoal e contestar 100 pr#blgtk08#eguntas tipo test sobre dereito constitucional, administrativo...
Comentario por Doris Dei (21-08-2008 09:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal