Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nani García en PALEXCO
Hai xa tamén algún tempo fun a PALEXCO a un acto organizado polo Parlamento Galego. Ademais dos típicos discursos políticos de rigor, houbo música.

A base do concerto foi unha actuación do pianista Nani García con amigos seus. Tocaron cousas moi variadas, entre elas unha versión da música de "Pratos combinados" (que foi obra del) e música da marabillosa película "De profundis".

A peza final desa película é a que vedes neste video daquel mesmo día, interpretada pola soprano moldava Clara Jelihovski, á que xa vin actuar unha vez en Villa Florentina, en Cecebre. Marabillosa.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2008 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal