Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Margar no pazo do tempo, de Sarabela Teatro
A finais de marzo fun ver a obra de teatro "Margar no pazo do tempo" de Sarabela Teatro.

Deixoume o corpo un pouco raro. A historia non estaba mal. Trataba dunha médica ou enfermeira (ou algo similar) que ía a un sanatorio afastado para comprobar sobre o terreo as investigacións sobre a tolemia que alí tiñan lugar. Cando chega alí, resulta que foran os tolos os que tomaran o control e pecharan aos médicos (isto sábese ao final, síntoo, pero tampouco é unha obra de Agatha Christie, intúese bastante pronto).

Pero hai tanta loucura, tanto desbarre que por momentos resulta difícil seguir o fío.

Iso si, os actores desta compañía son excepcionais. Despois de moitos anos gustándome moitísimo as súas obras, as últimas que lle vin decepcionáronme, pero o seu bo facer sempre é indiscutible. A ver se volven á liña de hai 8 ou 10 anos, que na miña humilde opinión era mellor.

Saúdos.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2008 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 A historia dun "manicomio", por usar a vella palabra, no que os pacentes toman o control e intercambian pap#blgtk08#eis cos seus vixiantes xa aparece nun conto de Edgar A. Poe: "O sistema do doutor Tarr e o profesor Fether"
Comentario por aoutraparte (24-04-2008 22:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal