Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os peregrinos sen fe
Nesta última ponte de Defuntos conseguín ler un novo libro, e non magro, de 400 páxinas nada menos. E foi unha delicia. Reconcilioume coa lectura unha vez máis.

Teño que recoñecer que me sorprendeu, non tiña eu moitas esperanzas postas inicialmente nel. Titúlase "Os peregrinos sen fe" do autor portugués Sérgio Luís de Carvalho, editado por Biblos.

O libro narra dúas historias "relativamente" paralelas aínda que protagonizadas por personaxes diferentes en momentos diferentes, pero os lugares si que se parecen ou coinciden bastante. Son as seguintes:

- A máis antiga, e para min máis áxil e interesante, mágoa que ocupara menos páxinas que a outra parte, fala da "falsa" peregrinación de Lisboa a Santiago (a mediados do século XVI) que fai un profesor da Facultade de Medicina de Coímbra para que o Santo Oficio o esqueza, xa que el e algúns dos seus compañeiros son acusados e sospeitosos de ser seguidores de Erasmo de Rotterdam, que non estaba moi ben visto.

- A máis moderna, que resulta máis pesada, aínda que tampouco está mal, fala dos oito meses que pasa un tenor portugués en Compostela ensaiando e representando a ópera "Dido e Eneas" de Purcell. Alí coñece a unha soprano galega que fai o papel da raíña cartaxinense Dido (el fai de Eneas, claro) que se empapa totalmente do papel, como lle pasara no seu día a Bela Lugosi ou Johnny Weismuller. Ela non acaba demasiado ben e el ten que facer unha viaxe apresurada unha noite en coche dende Lisboa a Santiago.

Atopei varias cousas algo incongruentes, supoño que por ambientar parte do libro en Santiago, que non debe ser moi coñecida polo autor:

- En primeiro lugar, chámalle Auditorio (onde se representa a ópera) a un lugar que, pola descrición e ubicación, debe ser o Pazo de Congresos de San Lázaro.

- Segundo, nalgún momento di que de Santiago a Oviedo se tarda en chegar dúas horas. Carallo, será en avión!!!!!!

- E, na miña opinión, a máis gorda: dá a entender que a ópera representouse durante seis meses seguidos nese escenario. Estará confundindo Santiago con Madrid???

A pesar das chatas que acabo de poñerlle, o libro está moi ben e aínda que as dúas partes (van en paralelo, alternando capítulos) están moi ben, a parte de historia medieval é fantástica.

Saúdos.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2007 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Fico muito satisfeito por a leitura de "Os peregrinos sem fé" lhe ter agradado. E tem razão nas incongruencias que encontra...
Permita-me só uma correcção: as duas histórias têm o mesmo nú#blgtk08#mero de páginas e (acredite) quase o mesmo número de linhas. De facto, eu escrevi as duas histórias em duas colunas Word paralelas, Só depois as intercalei.
Um abraço de Sintra (Portugal)
Comentario por Sérgio Luís de Carvalho (18-11-2007 23:59)
2 É para min un grande privilexio que un escritor como Sérgio Luís de Carvalho escriba no meu humilde blog.

Con respecto ás incongruencias non se preocupe, seguro que moitos escritores as cometen ao ambientar romances en lugares nos que non viven ou non frecuentan.

Sorpréndeme o que di de que as dúas historias teñen o mesmo número de páxinas. Pareceume que a tipografía é máis pequena na historia act#blgtk08#ual que na medieval. Entre iso e que a historia medieval me resultaba máis amena, esas causas deberon provocar que unha parte me parecera máis longa que a outra.

A ver se leo algunha máis das súas obras. Teño moi boas referencias de "Anno Domini 1348". Intentarei lela na súa lingua (que é case a miña).

Noraboa por vivir nun lugar tan fermoso como Sintra.

Unha aperta dende A Coruña.
Comentario por Ignatius J. Reilly (20-11-2007 22:20)
3 E para mim é um prazer partilhar ideias e comentários num blog tão interessante como seu.

Eu creio que a história medieval 'parece' mais pequena porque, apesar do dramatismo inerente á personagem, é menos pesada e, muitas vezes, mais pícara. Confesso... eu também a prefiro.

O "Anno Domini 1348" está publicado também em francês, mas eu creio que o#blgtk08# preferirá ler em português. Terei muito prazer em lho oferecer. Basta que me indique uma morada para lhe enviar o livro. Será um prazer.

Estive há uns meses na Corunha com o Tucho Calvo (da editora Biblos). Bela cidade!
Se vier a Sintra ou a Lisboa nos próximos tempos, convido-o para tomar um café.

Um abraço,
Sérgio Luís de Carvalho
Comentario por Sérgio Luís de Carvalho (20-11-2007 23:51)
4 Repito, non podo acreditar que un blog tan humilde e modesto coma o meu (no que non escribe case ninguén, parece que algúns aínda me len) teña visitas tan ilustres e frecuentes.

En canto ao romance "Anno Domini 1348" si, lereino en galego (sospeito que non está traducido) ou en portugués, máis os outros idiomas xa me quedan máis lonxe. Tamén podería en castelán, pero xa p#blgtk08#ostos, prefíroo na versión orixinal.

En canto a que me envíe o libro, síntoo pero teño que negarme. Bastante privilexio é que lea o meu blog. Cando o lea xa lle pedire que mo asine.

Si, eu tamén son amigo de Tucho Calvo. Cando nos atopemos, na Coruña, en Santiago, en Sintra ou en Lisboa, todas belas cidades, convidarémonos a un café.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (21-11-2007 00:21)
5 Caro amigo

Permita-me só dizer-lhe o seguinte: o "Anno Domini 1348" só está disponível em francês (Editions Phébus) ou em português. Como é um romance que já foi publicado em 1991, só está à venda na livraria da Câmara Municipal de Sintra. Por isso ser-lhe-á difícil arranjá-lo. Mas#blgtk08# para mim é-me muito fácil, pois moro a 10 minutos do centro de Sintra. Por isso, não se sinta constrangido por eu lho querer oferecer. Para mim será um prazer.

Então, o que me diz? Deixa-me oferecer-lhe o "Anno Domini 1348"?

Um abraço,
Sérgio Luís de Carvalho
Comentario por Sérgio Luís de Carvalho (22-11-2007 00:16)
6 Ben, a verdade é que é unha oferta que non se pode rexeitar. Acepto a súa oferta.

Penso que o mellor é o seguinte: a min gústame o anonimato e prefería non darlle os meus datos persoais aquí (para que os vexa calquera, claro). O mellor é que llo envíe ao Tucho Calvo. Eu vouno avisar a el de que lle chegará o libro. Penso que esa podía ser a mellor forma.

Só dúas cousas: envíeme a versión en portugués. Francés case non sei na#blgtk08#da. E se é posible, e non é moito pedir, sería para min un privilexio que o libro viñera asinado e dedicado por vostede. En canto ao meu nome poña "Viaxes O Lóstregho" xa que é o nome do blog que nos permitiu ter contacto.

Á volta do libro fareille eu outro agasallo. Eu non son escritor nin creador nin artista, pero seguro que saberei recompensalo dalgún xeito por todo este esforzo que está facendo vostede.

Saúdos sinceros.
Comentario por Ignatius J. Reilly (22-11-2007 16:48)
7 Combinado!
#blgtk08#
Um abraço.
Comentario por Sérgio Luís de Carvalho (22-11-2007 22:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal