Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Medidas preventivas
Isto é preocupante: estes días estou lendo xa bastante. Non sei se non terei que irme mirar.

Esta tarde algo de teatro: "Medidas preventivas" de Gustavo Pernas Cora, editado por Biblos. Cinco pezas curtas onde se fala, ante todo, desta ansia preventiva das autoridades de non permitirnos facer cousas por medo a que poidamos pensar e expresarnos.

Tamén lin o poemario de Eva Veiga "Desconcerto" pero provocoume iso mesmo. Son un nefasto lector de poesía a pesar dos intentos que fago.

Esta foto que atopei de Gustavo gústame moito.

Saúdos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2007 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Desconcerto

A fuxir
do mundo ascendiamos
a un tempo inmóbil:
destino
que nos procuraba
e aburaba a chanzos altos.
Antes de abrir a porta
cumpría dicir algunha
palabra insignificante
ou mirármonos aínda
dende este lado
como unha despedida.
Dentro do cuarto, o mesmo
perfume conmovido e intacto.
#blgtk08#> Na ventá,
a roseira abría lentamente
as súas pálpebras silenciosas
e sei que arelaba aquel orballo
a esvarar polo meu peito, a brillar
nas túas tempas descendidas
ata onde a noite amence
e non hai día que hai
un sempre que devora
canto non se lle ofrece.


Gustei, moito, grazas pequerrecho. Milleiros de Bicos
Comentario por Guadalupe (17-07-2007 10:54)
2 Por sorte Eva Veiga e o resto de grandes poetas do mundo teñen lectores moito máis dotados ca min. Como é o caso de Guadalupe.

Agora ben, teño varias amigas que se chaman Guadalupe, pero son todas tan marabillosas que non sei cal delas pode ser a que #blgtk08#colgou este oportuno comentario. Sinto ser así de descortés.

E se fora outra Guadalupe diferente á que aínda non coñezo confirmaríase que ese nome ten algún tipo de maxia (cousa da que eu xa estaba convencido, por outra parte).

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (17-07-2007 19:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal