Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A medición do mundo: Humboldt vs. Gauss
Esta última fin de semana puiden dedicar unhas horas a un dos meus grandes vicios: ler. Por desgraza xa non teño demasiado tempo para facelo.

E púxenme cunha novela á que lle tiña ganas dende había algún tempo. Chámase "A medición do mundo" e o autor é o alemán Daniel Kehlmann. Foi un dos éxitos de vendas no seu país no ano 2006.

É unha biografía algo novelada e en paralelo de dous dos maiores científicos alemáns da Historia: Alexander von Humboldt e Carl Friedrich Gauss. Facendo fincapé en que buscaban o mesmo (medir o mundo) pero de xeitos moi opostos: Humboldt viaxaba sen parar e medía "fisicamente" todo o medible e Gauss non se movía da súa casa, odiaba viaxar e deducíao todo coa forza do seu intelecto.

En todo caso, a novela é moi asequible, non representa dificultade de comprensión para ninguén, coido.

Saúdos.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2007 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Vaites! Pisáchesme o comentario, meu! ;-)

Curiosamente eu rematei esta novela hai un par de días e gustóume bastante. Un soplo de aire europe#blgtk08#u e fresco no eido da novela histórica, proída de paridas templarias, códigos delirantes e sectas absurdas descendentes en liña recta de profetas raídos.
Comentario por cansendono (19-06-2007 23:09)
2 Si, ademais sempre é moi necesario fomentar a divulgación científica, #blgtk08#unha das miñas teimas nos últimos anos.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (20-06-2007 15:57)
3 Tomo boa nota, está na miñ#blgtk08#a lista de libros para ler
Comentario por Xancín (25-06-2007 20:21)
4 Por certo, importante para algunha xente como Xancin, a novela xa está en galego, ata xuraría que se traduciu antes #blgtk08#a galego que a castelán.

Se non me engana a memoria, editouna Galaxia.

Saúdos.
Comentario por Ignatius J. Reilly (25-06-2007 23:35)
5 O meu prioritario plan para as vacac#blgtk08#ións é ler: xa sei por onde comezar.
Comentario por náufrago (29-06-2007 06:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal