Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O canto do muecín
Lois DiéguezHai pouco asistín á espectacular presentación do último libro dese mago da palabra que é Lois Diéguez.

Tristemente, e debido ás miñas moitas ocupacións, cheguei bastante tarde, pero teño entendido que este libro fala da súa experiencia nunha viaxe a Siria acompañado dalgúns amigos.

Como xa poderedes supoñer, e como el mesmo di, non ía de "turista" senón de "viaxeiro", que é unha cousa ben distinta.

Alí estaban Felipe Senén, Isidro Novo, Lino Braxe, Flor Maceiras. Arte e poesía en estado puro.

Tamén é certo que a miña relación coa poesía é moi complicada. Son moi reacio a ela, non a entendo. Pero escoito en moitas ocasións o programa de Radio 3 "La estación azul", onde se presentan libros de poesía. Fágoo sobre todo pola paz que me transmite. Os domingos ás 12 da noite só hai música e fútbol.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (2) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 18-06-2007 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Como hoxe di Marta Dacosta no seu blog, a poesía serve para entend#blgtk08#er o mundo e a nós mesmos. Desde logo, moito mellor que o fútbol.
Comentario por náufrago (19-06-2007 11:43)
2 Pois non o teño eu tan claro. O de que serve mellor#blgtk08# que o fútbol está claro que si, pero o outro......
Comentario por Ignatius J. Reilly (19-06-2007 17:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal