Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O terceiro home
Polo que acabo de localizar neste mesmo blog, a comezos de 2010 vin esta película na miña casa, porque supostamente a teño nalgunha colección de DVDs, pero agora mesmo non sei onde pode estar, terei que buscar máis.

Vina onte e soábame moito a trama, pero non tanto a maioría das imaxes, nin algún dos personaxes secundarios. Xa hai 10 anos gustoume moito o traballo de Trevor Howard, actor que estou descubrindo nestes últimos anos.

Onte entereime dunha polémica con respecto a Orson Welles. Xa era un afamado director, creo, e algunha vez comentou que lle deixaran facer suxerencias para rodar as poucas escenas nas que aparece o seu personaxe, o eixe da historia. E algúns malintencionados deron a entender que co-dirixira esas escenas, quitándolle valor ao traballo do director Carol Reed.

Para as que non a vírades, está ambientada na Viena xusto despois da II Guerra Mundial, que aínda ten algúns edificios en ruínas. Holly Martins, escritor de novelas baratas sen un peso, chega a Viena invitado polo seu amigo da infancia, Harry Lime, que lle ofrece un traballo.

Pero o primeiro que se atopa Holly ao chegar a Viena é a morte do seu amigo. Fala con todos os seus amigos, pero a morte parece bastante estraña e incomprensible. Algo ule a podre en torno ao seu amigo Harry, de quen lle din que era un contrabandista bastante perigoso, pero el non quere crelo.

A historia vaise desenvolvendo e resulta que Harry non está morto, senón que finxiron a súa morte para librarse dos seus perseguidores. Quen morre no seu lugar é un colega ao que nalgún momento se fai referencia como o "terceiro home", xa que algún dos testigos do estraño accidente fala de que tres persoas estaban xunto ao cádaver xusto despois da morte, mentres que outros falan só de dúas.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-09-2020 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal