Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Annie Hall
O outro día tamén puiden ver unha película que non lembro ter visto nunca e que me atraía bastante, por todo o que dicían dela. A película é “Annie Hall”, dirixida en 1978 por Woody Allen, e protagonizada por el mesmo e Diane Keaton. Uns anos antes foron parella na vida real durante un par de anos, e todo parece indicar que a película recrea aquela relación e ruptura.

A película resulta bastante simpática, pero tamén me resultou algo pesada por momentos. Ou ao mellor non foi iso, senón que o choque de dous personaxes tan neuróticos como os que eles representan, aínda que faga graza, ás veces xa é excesivamente cargante.

Por dicir algo, volvemos cos líos respecto ao título. Xa vedes que o título orixinal en inglés acabou sendo “Annie Hall” (non sei por que só o nome da muller, buf, iso con Woody Allen pode dar para un libro). Antes diso, o director propuxo varios, pero a productora decidiu que acabara sendo ese. En España tamén, pero en varios países hispanoamericanos, que moitas veces fan traducións estúpidas, esta vez optaron por “Dous estraños amantes”, que tampouco é que estea tan mal, polo menos puxeron aos dous integrantes da parella á mesma altura.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-09-2020 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal