Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O escano baleiro
Acabo de ler tamén o libro número 46 (remata no 50) da magnífica colección que sacou Biblos Clube de Lectores nos primeiros anos da súa andaina. Titúlase “O escano baleiro. No Courel con Uxío Novoneyra ” e foi escrito polo poeta Xulio López Valcárcel.

En Parada, no corazón da Serra do Courel, atópase a casa natal e familiar do poeta Uxío Novoneyra, que agora é a súa casa-museo. Hai un par de anos andaba eu facendo sendeirismo pola zona, e unha tarde tivemos algo de tempo, pasamos por alí e tivemos a inmensa sorte de que nos ensinou a casa Uxío Novo, o fillo do célebre poeta. Xunto á porta principal hai un grande banco de madeira. Ese é o “escano baleiro” ao que se refire o título deste libro.

Xulio López Valcárcel, que é unha persoa encantadora, fala do seu amigo poeta, e para facelo, traza unha especie de biografía do mesmo, aproveitando para glosar as belezas da Serra do Courel. A poesía de Uxío a min cústame bastante, aínda que por sorte xa foi musicada por algúns grupos galegos que ma fixeron máis dixerible. E lendo sobre o Courel sempre o paso ben, lembrando os marabillosos momentos que pasei alí.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2020 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal