Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O apartamento
Por fin conseguín ver completa esta fantástica película. Levaba varios anos detrás dela (sen facer moito esforzo, tamén é certo). Foi dirixida en 1960 polo xenial Billy Wilder, e os tres papeis principais son protagonizados Jack Lemmon, Shirley MacLaine e Fred MacMurray, pero acompañados duns secundarios tamén moi solventes.

Supoño que todos sabedes de que vai a película. Nunha grande empresa de Nova Iork, hai un empregado que é moi popular, especialmente entre varios cargos intermedios, e que lle falan marabillas aos xefes superiores, propoñéndoo sempre para un ascenso. Por que? Pois porque é solteiro, ten un pequeno apartamento ben xeitoso, e eses cargos intermedios lle piden prestado o apartamento algunhas noites para as súas aventuras extramatrimoniais. El debeu comezar a facelo pensando que sería algo puntual, pero a estas alturas xa lle piden o piso con frecuencia, con pouca antelación, e algunhas noites el ten que durmir fóra e resfríase por despistes no intercambio de chaves.

El vai ascendendo de cargo debido a esa popularidade, e o xefe máximo de persoal o convoca para ver de onde esa popularidade. Pero xa o sabe perfectamente, e o chantaxea para comezar el tamén a utilizar o apartamento. Casualmente a relación do xefe (unha de tantas) é cunha ascensorista da que tamén se está namorando o noso modesto empregado. E claro, aí todo se lía.

Sen destripar demasiado, a rapaza vese desprezada polo xefe, e decide suicidarse cunha sobredose de pastillas para durmir no apartamento onde se atopan agora. Sen saber que é onde vive ese simpático empregado co que cada vez se leva mellor. Por unha sucesión de coincidencias, o empregado reacciona axiña e consegue que lle salven a vida.

En definitiva, un guión fantástico, moi ben tramado e que fai que as dúas horas de película pasen nun suspiro. Non sei se pode facerse algunha reflexión sobre se a historia está baseada na realidade ou non. Como sabedes, Estados Unidos é un país que detesto (aínda que non queda moito máis remedio que tragar algúns dos seus produtos culturais, e este está moi ben), e non sei se esta historia podería ter pasado noutro lugar, supoño que si. Coa tendencia que teñen alí a casar e divorciar moitas veces, está claro que a infidelidade debe ser deporte nacional, e ao mellor hai ocasións nas que pasan estas cousas. Pero tamén teñen cartos para facer esas cousas en hoteis ou moteis sen tocarlle as narices a modestos empregados, aínda que tamén pode que haxa xente que estea disposta a ascender na súa empresa dese xeito, polo competitivos que son. Ou sexa, que non sei se hai algo de parecido coa realidade, pero coñecendo a eses chalados, non é descartable.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2020 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal