A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.
Hai varios anos saíu unha revista máis de cómic en galego. Todos sabedes que houbo xa unhas cantas iniciativas desas nas últimas décadas, pero ningunha durou demasiado. A vida desta nova proposta semella tamén incerta, a periodicidade é lenta e cambiante. Creo que inicialmente pretendía ser trimestral ou algo así, e de momento, sacou un número anual, ou algo parecido, pero semella ter certa estabilidade.
Detrás dela están A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, e a dirección técnica corresponde a Kiko da Silva e o seu Garaxe Hermético de Pontevedra, polo tanto a solvencia está máis que garantida.
Na última e recente edición de Viñetas dende o Atlántico merquei os números 2 e 3 (porque o 1 xa o tiña case dende que saíra no ano 2018). Estívenos lendo estes días e resultan moi simpáticos. Levo anos intentando dar o salto ao cómic e esta pode ser boa forma de comezar.
Seguramente desa situación de incerteza e inseguridade na que está sempre o cómic en galego sae o nome da revista, xogando co famoso experimento do gato que estaba vivo e morto ao mesmo tempo.