Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Breves respostas ás grandes preguntas
Despois do magnífico ritmo de lectura durante o confinamento primaveral, relaxeime algo no verán, pero agora que collín velocidade e é un dos meus hobbies favoritos, non debo deixalo, se podo. Tiña en cola varios libros sobre o universo, varios deles asinados por Stephen Hawking, tristemente desaparecido hai un par de anos. E decidinme polo máis lixeiro.

Titúlase ?Breves respostas ás grandes preguntas?, e parece que non foi escrito por el, senón que foi unha selección de textos e fragmentos de conferencias, das moitas que deu na súa vida, e nos que falaba sobre unha serie de temas. Algúns deles son xusto do núcleo das súas investigacións, pero outras saíanse un pouco.

Debemos destacar que conta cun prólogo a cargo de Eddie Redmayne, o actor que lle deu vida nunha película exitosa e recente. Hai un epílogo a cargo da súa filla Lucy, escrito cando el xa morrera. E tamén hai unha introdución a cargo do físico americano Kip Thorne, que por exemplo asesorou á película ?Interstellar? en aspectos científicos (nos últimos anos oín falar varias veces de que esa película é bastante realista e, o que alí se ve, a pesar de parecer disparatado, se cadra non o é tanto).

As dez preguntas que el se formula son:
1. Hai un Deus?
2. Como empezou todo?
3. Hai máis vida intelixente no universo?
4. Podemos predicir o futuro?
5. Que hai dentro dun burato negro?
6. É posible viaxar no tempo?
7. Sobreviviremos na Terra?
8. Deberíamos colonizar o espazo?
9. Nos sobrepasará a intelixencia artificial?
10. Como damos forma ao futuro?

Gustoume a súa forma de escribir e de respostar. Ás veces era algo difícil seguirlle, pero noutras reflexións era moito máis asequible, e bastante categórico razoando, sen deixarse emocionar por desexos.

Ademais, gustoume que lendo este libro pasoume algo similar ao que me pasou hai un par de meses coa Segunda Guerra Mundial. Ao coller este libro, lembrei que hai moitos anos (uns 15), mercara un superlibro ilustrado sobre o Universo, e lin os dous en paralelo, supoñendo un grande gozo.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2020 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0