Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A viúva valenciana
Neste tempo de confinamento estou consumindo moita máis televisión da que era habitual en min, e creo que non son o único. A oferta é moita, aínda que a calidade media é moi mediocre, pero no medio case sempre hai algunha cousa interesante. Acabo de re-descubrir que na 2 botan todas as semanas obras de teatro. Encántame o teatro, e como agora non se pode ir velo en directo (aínda que agora semella que vai comezar, pero con moitas restricións de acceso), esta opción televisada podería valer para saciar o “mono”.

O outro día botaban “A viúva valenciana”, unha das cerca de 2000 comedias que escribiu o prolífico Lope de Vega. Recoñezo que o título non me soaba de nada, así que non debe estar considerada das máis importantes, pero no caso deste autor e dos da súa época, case calquera obra pode resultar interesante. Os papeis principais foron interpretados por Aitana Sánchez-Gijón e Fran Perea.

A historia é un tanto curiosa, e chamoume a atención pola época na que foi escrita, en torno ao ano 1600. Unha muller aínda xoven e moi fermosa queda viúva. A súa intención primeira é chorar ao marido e ler obras piadosas, a pesar de que ten uns cantos pretendentes, en principio ben intencionados, que a cortexan, pero os rexeita. Ata que nun mercado ve a un xoven que lle parece moi guapo e, a través dos criados da viúva, o cita na súa casa de forma moi secreta: el ten que vir cos ollos pechados para non saber con que muller se está atopando. Ao final todo se sabe, como é obvio.

Saúdos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2020 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal