Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Se isto é un home
Acabo de rematar o décimo libro deste confinamento, estoulle dando duro. Neste caso foi a tradución ao galego de “Se isto é un home” de Primo Levi, traducido por Xoán Manuel Garrido Vilariño.

Con el pecho este interesante e imprevisible (para min) ciclo sobre a Segunda Guerra Mundial. Lembrade que no artigo anterior sobre libros, falei dun libro titulado “A Guerra Total”, realizado polo Canal Historia. Tamén alí comentei que lembrei que mercara hai tempo un libro ilustrado sobre a Segunda Guerra Mundial. Pois tamén o estiven lendo en paralelo con estes dous, e remateino hai un par de días. Por certo, ese super-libro é do ano 2004, así que levaba uns 15 anos agardando a ser lido. É duro ser un libro e chegar á miña casa, ás veces.

E o ciclo destas últimas semanas tan bélicas péchase con esta novela, na que o químico italiano Primo Levi narra en primeira persoa como foron os 11 meses que pasou no campo de exterminio de Auschwitz. Aínda que vaia, non era exactamente en Auschwitz, porque ese nome é algo ambiguo. Polo visto, na zona de Auschwitz había uns cantos campos de concentración e exterminio, e o de Auschwitz era o que xestionaba todos, ou algo así. Concretamente o noso protagonista estivo no campo de Monowitz, que polo visto estaba a uns sete quilómetros do outro, e aínda os había moito máis afastados.

Obviamente, o testemuño é demoledor. Pero tamén é certo que nalgúns momentos o libro faise algo máis pesado, cando se pon a elucubrar e teorizar sobre a bondade e maldade humanas, non sempre está moi brillante. Pero vaia, en xeral, lévase moi ben, e estremece bastante o que conta, como non podía ser doutro xeito.

Hai que ter en conta que tivo bastante sorte. Chegou nos últimos tempos do campo, e nos últimos meses xa se rumoreaba que a liberación estaba cerca, que os alemáns estaban escapando e os rusos perseguíndoos. Pero tamén é certo que en moitos campos, os alemáns, ante esa situacións, mataban a todos os reclusos, e quedaban tan anchos. No seu campo, non o fixeron. Escaparon os alemáns e deixaron só aos enfermos. El tamén tivo a sorte de que estaba na enfermería cando sucedeu iso. Moitos dos “sanos” que marcharon cos alemáns non sobreviviron. É posible pensar que os alemáns deduciron que os que xa estaban enfermos non ían ser capaces de sobrevivir, pero nalgún caso equivocáronse.

Saúdos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2020 00:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal