Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Segunda Guerra Mundial
Non sei a vós, pero a min atráenme as efemérides con números redondos, e estou seguro que non son o único. No ano 2014 cumpríanse 100 anos do comenzo da 1ª Guerra Mundial (no seu tempo chamáronlle a Gran Guerra porque non esperaban que houbera unha Segunda). Merquei un libro e entereime máis en detalle do que pasara, porque a maquinaria propagandísitica estadounidense eclipsouna coa Segunda. E neste 2020 cumprénse 75 anos do final da Segunda Guerra Mundial.

Xa pensando niso, o ano pasado merquei no Círculo de Lectores (un dos últimos que encarguei nese desaparecido proxecto) un libro titulado ?A Guerra Total?, elaborado polo Canal Historia. E neste confinamento vin que era factible enfrontarme a algo como iso. Pero comezou a rondarme algo a cabeza. Soábame que, uns cantos anos antes, 6 ou 8 fácilmente, tamén mercara no Círculo de Lectores un superlibro ilustrado (debeu costar un pastón, creo) sobre o mesmo tema. Como era de gran formato, non o tiña moi a vista, pero tiña que andar por casa. E localiceino. E estoulle dando duro, porque ese si que leva horas miralo entero. É de tres autores anglosaxóns, H.P. Willmott, Robin Cross e Charles Messenger. Está moi moi ben. E a miña seguinte lectura tamén vai ir sobre algo ambientado nesa época, pero diso xa vos falarei no seu momento.

En canto ao libro que desencadenou toda esta paixón, pois está ben, pero simplemente iso, porque claro, desentona con respecto ao outro máis grande, que é unha super-marabilla. Pero o libro ten unha estrutura curiosa. Ten algo así como 7 grandes capítulos. Pero só hai 2 ou 3 que falen propiamente do que todos entendemos pola evolución da Segunda Guerra Mundial. Todos os demais capítulos falan dos antecedentes da guerra, de como era a vida, a sociedade, o xénero, o racismo, e moitos outros factores nos diferentes países que participaron na guerra (nos principais, claro, porque salpicou a moitos).

A idea básica era que os líderes das tres grandes potencias do Eixe (Alemaña, Italia e Xapón) eran tremendamente arrogantes, tiñan unha gran capacidade de persuasión, e lles resultaba moi doado convencer aos seus cidadáns, que en moitos casos estaban pasando por unha grande crise, de que os seguiran. Pero vaia, os casos eran diferentes.

Parece que Hitler era un grande líder, pero os alemáns sempre se creron superiores aos demais (agora tamén lles pasa, por iso alí aparecen cada certo tempo movementos de ultradereita, lévano no sangue). Mussolini era un pallaso, pero durante algún tempo convenceu a moitos dos seus pallasos cidadáns (seguiu pasando con Berlusconi, Salvini, e outros). Pero Italia tiña pouca forza militar, e sempre que intentaba invadir algo ou alguén, acababan escaldados, un desastriño. No lonxano Oriente, Xapón sempre se creu superior aos demais, e tiñan un Emperador que era un semiDeus (dise moito que os seus cidadáns escoitaron a súa voz por primeira vez cando Xapón se rendiu despois das bombas atómicas).

Do lado Aliado tamén poderían dicirse moitas cousas. A Unión Soviética aínda non se sabe moi ben como conseguiu remontar tras Stalingrado. Pode que fora porque tiñan moitísima poboación e porque levaron as industrias pesadas máis alá dos Urales, onde eran intocables. Pero Stalin era un animal e o exército roxo tamén era bastante salvaxe. Gran Bretaña tiña un certo poder aéreo e naval, pero tiña o exército moi debilitado e fixo o que puido. O de Francia foi moi patético. Os alemáns lle invadiron o país nun cuarto de hora, e limitáronse a pedir axuda aos colegas, porque eles eran incapaces de nada, pero seguro que aínda presumen que estaban no bando dos ganadores, cando tiveron que facerlle todo os demais. E seguramente a guerra a ganaron os estadounidenses (por un lado, polo outro os soviéticos), que se converteron nunha grande forza militar e industrial en poucos anos (tamén é certo que se forraron durante a guerra, veulles de marabilla). Levan décadas resfregándonos aos demais que temos que portarnos ben, que eles son máis fortes.

Saúdos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2020 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0