Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lázaro de Tormes
O outro día botaban na 2 unha película española de 2001 sobre “Lázaro de Tormes”, con magnífico elenco español, e decidín probar, que a historia está moi ben, e apuntaba maneiras.

Foi dirixida por Fernando Fernán-Gómez primeiro, pero enfermou, e seguiu José Luís García Sánchez. De feito, Fernán-Gómez tamén ía facer de cego, e tivo que suplilo Paco Rabal, que tamén andaba xa bastante cascao. De Lázaro maio fixo Rafael Álvarez El Brujo, e de neno facía Manuel Lozano (o de “A lingua das bolboretas”). Tamén estaban Karra Elejalde, Beatriz Rico, Agustín González, Juan Luis Galiardo, ou sexa, o máis granado.

Obviamente, a película resulta ben divertida. Non é unha secuencia temporal exacta como a do libro, senón que vai saltando adiante e atrás no tempo. De feito, todo xira arredor de que Lázaro, xa de maior, está xustificando ante un xulgado, as túas tropelías, non por maldade, senón por fame. E ao xurado e xuíces resúltalle moi complicado aguantar a risa cando conta algunhas das súas andanzas. Ao final hai un indulto xeral porque o rei Carlos V volve celebrar cortes en Toledo, petición moi celebrada na cidade.

Saúdos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2020 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal