Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Stargate
Non sei exactamente a razón, pero cruceime con esta película en varias ocasións, facendo “zapping”, e tiña certo interese en vela, aínda que sospeitaba que tiña algo ou bastante de casquería, e non me equivocaba. “Stargate” é unha película dirixida en 1994 polo alemán Roland Emmerich. Supostamente os papeis principais son os de James Spader e Kurt Russell.

Primeiro vou contar a parte “interesante” da mesma, que é a que ten que ver con James Spader. É un exiptólogo ao que contratan para descifrar uns xeroglíficos que aparecen nunha estraña e grande estrutura, en torno á cal xira o típico proxecto ultrasecreto estadounidense. El fai unha mellor tradución que a que tiñan ata ese momento, e deducen que se trata dunha porta estelar (stargate). Pero algo xa debían intuír, senón non montarían tremendo proxecto ultrasecreto en torno a ela, e non estarían os fanáticos militares estadounidenses protexéndoa.

Deciden mandar unha expedición “ao outro lado da porta”, porque o exiptólogo xa descubriu como cruzala hacia alá. Pero el ten que ir na expedición, porque é o único que, unha vez no outro lado, podería saber como atopar a combinación de símbolos para volver (argumento bastante estúpido, pero pode valer para unha película de entretemento, claro).

Cruzan ao outro lado, e aparecen nun sitio moi parecido ao antigo Exipto (esa porta estelar xa aparecera nunha excavación no antigo Exipto, a comezos do século XX), dentro dunha pirámide rodeada dun deserto de area. A convivencia entre o exiptólogo e os militares que o acompañan non é doada, non se entenden nada ben. O caso é que confraternizan coa civilización que anda por alí, e vanse facendo amiguiños.

Pouco despois, chega unha nave espacial con forma de pirámide e colócase xusto enriba da pirámide inicial. O líder desa nave, que veu aí para rexuvenecer, porque xa estaba a piques de morrer, resulta un personaxe moi intrigante. Por certo, tanto a civilización da zona como estes novos, parecen falar un dialecto do antigo exipcio ou do demótico, así que o exiptólogo vaise entendendo con eles (mirade o bo que é ter estudios).

Pois nada, que a historia non ten moita máis chicha. Que deciden volver, o exiptólogo atopa todos os símbolos que forman a combinación para cruzar de volta á Terra, pero ao final el queda, que estaba botando moza e é normal pensar que un exiptólogo sexa moi feliz nunha civilización que se parece ao antigo Exipto, eu non digo nada.

Deixo un breve parágrafo final para os militares estadounidenses, modelo de intelixencia. A outra suposta estrela da película é Kurt Russell. A el méteno neste lío, despois de que o seu fillo morrera accidentalmente, e está moi deprimido. Córtase o pelo ao cepillo e anda coa súa habitual cara de mala ostia, repartindo e disparando en canto ten ocasión. Incluso, cruza cara o outro lado unha bomba nuclear, que chegou a activar no último momento, cando se viu apurado, e mediante unha treta, consegue que estoupe na nave espacial cando está marchando. En definitiva, unha actuación bastante patética pero que seguro que emocionou a máis dun nese país de patáns iletrados.

Saúdos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2020 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal