Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Atila, rei dos hunos
E aquela mesma tarde, en sesión dobre, os de TRECE estaban sembrados, e decidiron masacrar tamén a figura de Atila, proxectando a película "Atila, rei dos hunos", dirixida por Douglas Sirk en 1954, con Jack Palance e a súa estraña cara facendo o papel principal.

Meter en hora e media a intensa vida deste caudillo do século V que viña das estepas asiáticas e que aterrorizou ao Imperio Romano de Occidente era algo absurdo. De novo, como no caso de Gengis Khan, pasou algo raro. Cando tiña asediada a capital do Imperio Romano de Occidente (estaba xa no seu ocaso, a capital xa non era Roma, senón Rávenna, aínda que na película din que era Roma), de súpeto, levantou o sitio e marchou. Parece que morreu pouco despois en estrañas circunstancias. Por certo, Atila, igual que Gengis Khan e Alexandre Magno, está soterrado nun suntuoso santuario... pero ninguén sabe onde está en ningún dos tres casos.

Pois iso, nesta película se tratan só algúns aspectos puntuais da súa vida e obra, seguindo os cánones da cultura e forma de vida estadounidense, con pouco respecto polas culturas diferentes á súa (que son, basicamente, todas as demais). Outro truño que demostra a mediocridade destes patáns estadounidenses, pero calquera llo di.

Tamén contan outra parte interesante da historia, pero claro, de forma moi fragmentaria, porque senón alongaría moito. É que o Imperio Romano de Oriente se está facendo moito máis forte que o de Occidente, totalmente decadente. Neste caso está liderado por Teodosio, que debía ser boa peza, polo que teño entendido.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2020 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal