Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O conquistador de Mongolia
Non sei vós, pero eu sempre escoitei que o maior imperio coñecido foi liderado por un destes dous personaxes: Gengis Khan ou Alexandre Magno. Non imos poñernos agora e medir kilómetros cadrados de superficie do seu imperio, pero supoño que por esa razón, son persoeiros interesantes, a descubrir.

De Alexandre Magno aínda non lin ningún libro nin vin documental riguroso e exhaustivo sobre o tema (as películas son moi curtas e só falan de aspectos parciais, non valen; as series, se están ben feitas, podería valer para iso). Pero de Gengis Khan, si. Hai anos lin un libro ben groso sobre a súa historia, que me resultou do máis interesante. Un dos detalles máis misterioros que lembro do seu imperio foi que no século XIII chegou ata as portas de Viena (e estaba toda Europa tremendo que seguira o seu avance), pero finalmente marchou. Pero xa non lembro se iso o fixo el ou algún dos seus sucesores.

Entón, cando vin o outro día que na "simpática" cadea de televisión TRECE botaban unha película sobre Gengis Khan titulada "O conquistador de Mongolia" e que o papel de Temujin (o seu nome de pila non imperial) o facía John Wayne, deume un bo ataque de risa, pero entroume interese, a ver que cafrada fixeron os estadounidenses sobre unha figura totalmente allea á súa cultura. Foi producida por Howard Hughes, dirixida por Dick Powell (primeira vez que escoito este nome) en 1956, e parece que foi unha película maldita, xa que morreu de cancro máis da metade do equipo nos anos seguintes.

A verdade é que un truño considerable. Aparte de intentar meter en menos de 2 horas uns pequenos fragmentos da vida dun persoeiro tan importante, resulta difícil de crer. John Wayne facendo de Gengis Khan podería pasar, se non fora porque semella bastante claro que na película non se ve moita cultura mongola senón estadounidense. Por documentais que teño visto de Mongolia, as paisaxes que saían alí non se parecían demasiado (acabo de ler que a rodaron no estado de Utah). A cuota habitual de beleza feminina foi cuberta por Susan Hayward, que non cola como princesa tártara á que rapta Temujin para casar, ela non o quere nin ver, e despois o ama.

En definitiva, os estadounidenses querían facer unha película máis nas súas claves, estilo western, pero querían saírse algo da súa cultura e personaxes, e masacraron un persoeiro de tamaño xigantesco doutra parte do planeta. Que a eles iso dálles igual, cren que todas as películas lles saen ben e que respectan todos os códigos, pero normalmente son bastante chapuceiros.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2020 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal