Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Charada
O titulo desta película soábame moito, pero creo que non a vira, porque todo me sonou a totalmente novo. Unha deliciosa película dos anos 60, dirixida por Stanley Donen (pero o estilo lembraba en moitos momentos a Hitchcock). Algúns detalles, como os títulos de crédito do comezo, tamén me lembraron ás películas de James Bond. Dúas boas referencias para comezar.

Todo xira en torno a Audrey Hepburn, e así non hai fracaso posible. Volve dunhas vacacións na neve e atopa o seu piso de París totalmente baleiro, e ela non sabe nada do seu marido, que só deixou un pequeno bolso cunhas poucas pertenencias.

Pouco despois aparece o cadáver do marido, que foi tirado dun tren en marcha cando escapa ao estranxeiro. Ao velatorio non vai case ninguén, só o inspector da policía francesa que lle está axudando, e aparecen tres sinistros personaxes que non parecen estar alí apenados. Incluso un deles lle crava un alfiler, para asegurarse de que está morto e non está finxindo.

Un funcionario da Embaixada estadounidense ponse en contacto con ela e dille se recoñece a algunha das persoas que saen co seu marido nunha foto da Segunda Guerra Mundial. Efectivamente, todos eles son xustamente os estraños personaxes que foron ao velatorio a certificar que o seu marido estaba morto.

Pouco despois contacta de novo cun atractivo home ao que coñeceu fugazmente na estación de esquí vacacional, que promete protexela deses homes que a acosan. Porque resulta que eses tres estraños homes formaban xunto co seu marido un equipo que fixo un atraco (ou algo así) durante a Segunda Guerra Mundial, e o seu marido fuxiu con todos os cartos, por iso os outros o están buscando. E por iso agora a perseguen a ela, porque están seguros de que sabe onde están os cartos, pero ela non sabe nada dese tema.

E diso vai a historia. Ao final descúbrese que o funcionario da Embaixada estadounidense realmente é o quinto integrante do comando, ao que todos creían morto. E o atractivo home que lle estaba axudando (Cary Grant), parece estar algo algo compinchado con eles, pero realmente parece que é un funcionario da Embaixada estadounidense. Ou sexa, todo un lío, pero bastante ameno e divertido.

Saúdos.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2020 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal