Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eu, Daniel Blake
"Eu, Daniel Blake" é o título dunha das últimas películas do director británico Ken Loach. Certo é que o seu cine non sorprende demasiado, pero sabe concienciar sobre os problemas de vivir na sociedade capitalista, sobre todo se es obreiro de clase media ou baixa.

Daniel Blake é un carpinteiro que se desmaia nun andamio debido a un problema de corazón. Salva a vida pero tarda algún tempo en recuperarse para volver á actividade laboral normal. A súa médica non lle dá a alta ata que vexa que xa está totalmente reposto, como é lóxico.

Pero claro, o goberno británico é moi quisquilloso á hora de concederlle un subsidio. Ademais ponlle moitas trabas burocráticas, e case obriga a facer os trámites por vía telemática, e el, que xa é algo maior (parece andar polos 60), non se manexa nada ben. Ademais, parece que o sistema é bastante perverso, porque para darlle o subsidio por desemprego, ten que ir a cursos ou ten que demostrar que está buscando traballo. De feito, nunha das empresas, están interesados en contratalo (aínda que lles presentou o curriculum escrito a lápis), pero el non pode aceptar o posto, porque a súa médico non lle deixa.

En paralelo coa súa situación (que dá título ao filme), unha muller de Londres que chega a Newcastle (onde ten lugar a película) cos dous nenos pequenos, de dúas parellas diferentes, non consegue traballo e a súa situación é bastante desesperada. Coincide por casualidade con Daniel nunha das súas reclamacións na oficina de emprego, e fanse moi amigos. A situación desa pequena familia tamén é moi triste, e a cousa non vai a mellor.

O final da película semella algo esperanzador, a muller consegue un traballo, aínda que precario e non moi digno, e parece que a apelación de Daniel para conseguir o seu subsidio, pero... as películas de Ken Loach raramente acaban ben, porque é moi realista e o mundo non é así, en condicións normais.

Pois nada, se sodes empresarios, capitalistas, amantes do neoliberalismo, e vos gusta ver series ou películas onde se vexa luxo, riqueza, glamour... nin se vos ocorra ver esta película nin ningunha outra deste director. Ides infartar.

Saúdos.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-05-2020 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Parabens polo comentario deste filme,olleina por primeira vez de estreia en lingua orixinal,realmente im#blgtk08#pactoume,porque este "realismo británico"pode ser extrapolado a este pais tranquilamente.Siga nesa liña.
Comentario por Morgadans Morgadans (05-05-2020 19:03)
2 A min tamén me gustou esta peli. O Loach sempre aten#blgtk08#to a plasmar a actualidade e as inxustixas sociais.
Comentario por (12-05-2020 18:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal