Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O falcón maltés
Mira ti o famosa que é esta película, e eu non a vin ata comezos deste ano de 2020. Está nunha colección de películas clásicas que me deixaron o ano pasado, e da que xa falei algo aquí.

Pero pasou o que eu sospeitaba. Está catalogada como unha película de cine negro, e hai bastantes desas que me deixan bastante indiferente, e con esta pasoume o mesmo.

O que me sucede sempre é o seguinte: na historia hai varias bandas enfrontadas, normalmente de gangsters ou delincuentes variados, ou ladróns e policías, e cada certo tempo hai xiros bastantes forzados de guión nos que cambia totalmente a perspectiva que tiñas da historia. E eses xiros case sempre se comunican mediante un personaxe que fai unha confesión ou alguén que é máis intelixente que os outros e que o di en alto para sorpresa de todos os demais. Claro, eu xa vin ou lin isto máis veces, e xa me cansa ese efecto, que en xeral me parece bastante tramposo.

Nesta colección de películas, o DVD vén metido dentro dun libro no que se fala sobre a película. Pois nese libro comentaban que nalgunhas escenas o propio director John Huston tiña que parar a rodaxe para explicarlles aos actores e actrices que era o que acababa de suceder no guión, porque a algúns lles costaba seguilo e entender a historia. Non me estraña.

Supoño que estará claro a estas alturas que a película non me gustou demasiado. Pasou mes e medio dende que a vin, e apenas lembro nada do argumento. Iso debe ser indicio de algo, digo eu.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-02-2020 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal