Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pílulas de talento

Este ano na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda celebramos a I Edición de algo que esperamos que teña máis percorrido, e no que estamos moi ilusionados, especialmente eu, que propuxen a idea e botei unha pequena man na organización.

Chamouse "Pílulas de talento" e vén sendo simplemente unha sucesión de charlas TED, en galego, sobre tema libre pero que, a poder ser, teña algo que ver con Galicia, aínda que non é obrigatorio.

O programa desta I Edición foi o seguinte:
- "Soñar en galego" de Manel Cráneo, sobre a súa traxectoria para facer cómic en galego
- "O outro lado do poema", de Lucía Aldao, sobre o fracaso e profesións alternativas
- "1-1-2019" de Alba Rodríguez Carrera, sobre unha rapaza nova do sur da provincia de Pontevedra que, ese día, decidiu comezar a falar en galego, e todas as reaccións que houbo ao seu redor
- "A desaparición da noite" de Martin Pawley, sobre a contaminación lumínica (para a min, a mellor das charlas)
- "Dignidade, solidariedade e humildade" de Garchu, un dos MCs de Ezetarre, que falou sobre as razóns polas que o seu grupo comezou a rapear en galego
- "De mareas vivas a mareas negras", de Marcos Nine, no que este cineasta falou sobre os seus primeiros tempos no mundo audiovisual
- "El gallego mola mazo" de Afra Torrado, poeta na rede que supostamente falou sobre as súas razóns para falar galego (pero para min foi a charla máis frouxa e menos preparada)
- "A min non me preguntes, eu só vin rebolar" de Aquel-e, un youtuber galego con bastantes seguidores, que anima ao uso do galego con corrección
- "Bogando na maruxía con este oficio" de Isabel Risco, na que amosou unha mostra máis do seu absurdo pero engaiolante discurso.

Como pasa sempre neste tipo de eventos (falo como se tivera moita experiencia no tema, pero é falso, simplemente o supoño), o nivel foi moi desigual, unhas charlas gustáronme máis, outras menos, e algunhas nada, pero seguro que outros asistentes terán opinións exactamente opostas á miña. O bo disto é que cada charla só dura un máximo de 15 minutos, así que se unha non che gusta, non vai durar demasiado. E se che gusta, déixate con ganas de máis...

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2019 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal