Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival de teatro amador Ibán Toxeiro 2019

Un ano máis, e parece que xa van 23 (debeu comezar en 1997), a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda celebrou o Festival de teatro Amador Ibán Toxeiro, en lembranza daquel xoven socio que ía para figura do teatro e que morreu de forma inesperada.

Este ano o programa constou das seguintes actuacións:
- "Evolution" de N+1, basicamente un ximnasta facendo unha abraiante actuación de circo en torno a unha corda
- "Pavillón Lino" de Caramuxo Teatro, un breve fragmento desta obra muda con máscaras de látex
- "Titiriteiros" de Tanxarina, que recibiron o premio Ibán Toxeiro
- "O Gran Don Pedro e o seu boneco Robertiño" de Ventrilocuoloxía, que realmente eran Bucanero Teatro, formado por Pedro Picos e Xosé Bonome
- "O drama do cabalo de xadrez" de Rafael Dieste, a cargo do grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Como sempre, unha bonita velada teatral ideada por Lino Braxe e presentada por Sabela Hermida.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2019 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal