Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O enigma Agustina
Hai unhas semanas chegou á Coruña un espectáculo bastante peculiar. Que ademais do triformato cultural (despois explico isto) falaba de divulgación científica, así que me interesou dende o comezo. Intentarei explicalo.

O espectáculo titúlase "O enigma Agustina", e chámase triformato porque é unha mestura de audiovisual (a parte principal é a proxeción dun documental de ficción), radio en directo (a cargo de dous locutores de Canal Sur Radio, que fan un programa de divulgación científica) e teatro (a cargo dunha actriz e un actor, importantes na historia). A radio e o teatro ocupaban as dúas esquinas opostas do escenario, no fondo del proxectábase o documental. E obviamente, nunca estaban dúas das pezas actuando simultáneamente, senón que se ían alternando entre elas.

A historia era moi interesante. Contaba o pouco que se sabe de Agustina Ruiz Dupont, unha científica que se codeou co mellor da ciencia do planeta nos anos 30, na época da II República, pero que desapareceu poucos anos despois sen volver dar sinais de vida. Sábese moi pouco, está moi silenciado, e parece que o seu final foi moi pouco convencional.

Sentíndoo moito, non vos podo desvelar máis. Se conseguides ter acceso ao documental (sen a parte da radio e do teatro, o documental pode ser autónomo e contar o principal da historia), que non sei se será moi doado, pasaredes un rato fenomenal, pero o final é bastante sorprendente.

Para min, un dos espectáculos cos que máis gocei nos últimos tempos.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2019 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal