Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A cuadrilla dos once
A ver se consigo explicar ben este tema, que ten aristas. Un determinado día, "necesitaba" ocupar un par de horas facendo algo que me illara do mundo e das noticias de actualidade. Habitualmente fago iso saíndo de casa a dar un paseo, pero aquela noite era infernal, e esa posibilidade desaparecía. Así que busquei por casa entre un feixe de películas clásicas que me pasaron hai pouco, e busquei algunha coa que entreterme.

A película pola que me decantei (tiña máis entre as que escoller) era "A cuadrilla dos once" (de título orixinal "Ocean's eleven). Era a versión clásica de 1960. E lembraba ter visto nun moi agradable cine de verán en Segovia, a versión moderna, do ano 2001, e capitaneada por George Clooney. Tiña lembranzas máis ou menos boas desa nova versión, pero pode que Segovia en verán, que é unha cidade que me gusta moito, influíra naquel recordo.

O caso é que me puxen a ver a versión de 1960, pensando que ía ter un nivel como a moderna. E xuraría que teño que dicir que non, nin moitísimo menos. A clásica está capitaneada por Frank Sinatra. E cando digo capitaneada é porque o título orixinal "Ocean's eleven" fai referencia a un grupo de once persoas liderado por Danny Ocean, por iso mencionei que entre o reparto coral sempre hai un personaxe que destaca sobre os demais.

A historia é ben simple: ese grupo de once persoas lideradas por Danny Ocean pretende dar un golpe grandioso nun feixe de casinos de Las Vegas (non lembro se son catro ou cinco). Algúns deles xa son topos que traballan neses casinos, e outros teñen outros labores, como especialistas en explosivos, en electricidade para provocar apagóns simultáneos, condutores, etc. Só digo que o golpe, en principio, sae ben, pero acaba mal.

Pero a película é bastante frouxa, na miña opinión. Dura dúas horas e tardan a primeira hora en xuntar a todo o equipo e trazar o plan definitivo de como vai ser o golpe. Polo tanto, xa se ve que é relativamente lenta (non pasaría nada se fora outro o tema, pero sendo este, xa é un defecto), e esa demora está pensada para o lucimento de varios dos actores, e non necesariamente das súas aptitudes artísticas.

A película está ambientada en Las Vegas, que é por onde se movía principalmente o "Rat Pack", un grupo de actores e vividores que lideraban basicamente Frank Sinatra, Dean Martin, Peter Lawford e Sammy Davis Jr. Parecían destacar por ser moi juerguistas, seductores e alcohólicos, e todo parece indicar que esta película foi realizada para facelos simpáticos e populares. E parece que o conseguiron... en sitios como Las Vegas ou incluso Estados Unidos. Pero a min parécenme, dende a distancia do tempo e do espazo, unha panda de gilipollas dificilmente superable.

Así que nada, creo que é unha película perfectamente esquecible. Representa moitas cousas que me parecen prescindibles. Xuraría que a nova versión de 2001 era máis interesante que esta, pero tamén resaltaba a ludopatía que xira en torno a esa cloaca chamada Las Vegas, así que tampouco pode sacarse moito en claro dela.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2019 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal