Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Familia Caamagno
Hai unhas semanas, a Familia Caamagno estivo tocando na Sala Mardi Gras. Non é un grupo que controle moito, pero tiña ganas de ver como era un dos seus directos e fun velos.

O espectáculo non estivo nada mal. Son bastante divertidos e bastante punkis, no sentido de que as cancións son bastante curtas e intensas, non lles gusta o concepto "balada". E sobre todo o cantante non para quieto, movéndose por toda a sala, incluso rematou case subido na barra, e parece que non lle chegaba e quería escalar máis.

Non hai moitos vídeos deles en Youtube, e case ningún onde se lles vexa tocar a eles, así que vos poño o que atopei dese tipo.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-12-2019 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal